Adelchis I de Spoleto
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Adelchis I ou Adelgis I foi conde de Parma do 830 ao 861, de Cremona do 841 ao 861, e despois tamén de Brescia. Segundo algunhas fontes sucedeu no Ducado de Spoleto en 824 ao seu irmán Mauringo. Era o fillo segundo de Suppón I e pai de Suppón II. A súa área principal de interese era a Emilia e a Lombardía oriental.
Fontes [editar]
- Wickham, Chris (1981): Early Medieval Italy: Central Power and Local Society 400-1000. MacMillan Press.