Absoluto (filosofía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

En filosofía o significado do termo absoluto queda expresado perfectamente na súa etimoloxía, do verbo latino solvo, 'soltar', no sentido de 'desatar', 'desvincular', é dicir solto, co reforzo da preposición "ab", que engade a idea de separación total.

O absoluto, pois, aparece como o incondicionado e independente, o que é por si mesmo, o que non está suxeito a nada, porque non ten ningún vínculo de dependencia con calquera outra realidade.

Calquera outra realidade, en tanto que poida ser considerada como tal, deberá ter unha relación de dependencia, en último termo, co absoluto.

O absoluto é o que existe separado (ab-solto) de calquera outra cousa.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Ferrater Mora, José (1984): Diccionario de Filosofía. Barcelona: Alianza Editorial.