ASCAMP

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
ASCAMP
FunciónFoguete sonda
fabricanteCooper Development Corporation[1]
país de orixeEstados Unidos
Tamaño
altura5,58 m[1]
diámetro0,17 m[1]
masa160 kg[1]
Etapas2[2]
foguetes derivados
FamiliaAsp (foguete)
Lanzamento históricos
EstadoFóra de produción[2]
Total de lanzamentos27[2][3]
exitosos26[2][3]
fallos1[2][3]
Voo inaugural1 de agosto de 1958
Último voo12 de agosto de 1958
editar datos en Wikidata ]


ASCAMP foi o nome dun modelo de foguete sonda estadounidense usado en 27 lanzamentos ao longo de 1958.[2][3][1]

Características[editar | editar a fonte]

ASCAMP foi deseñado e construído por Cooper Development Co. por encargo do exército dos Estados Unidos para ser usado exclusivamente durante as probas nucleares Hardtack Teak e Hardtack Orange co fin de recoller datos atmosféricos. As probas tiveron lugar o 1 e o 12 de agosto de 1958, usándose 13 ASCAMP durante a primeira e 14 (cun lanzamento fallado) durante a segunda.[2][3][1]

Os foguetes ASCAMP estaban formado por dúas etapas: unha primeira Asp e unha segunda Baby Sergeant. Tiñan unha lonxitude de 5,58 m, un diámetro de 16,5 cm e unha masa duns 160 kg, chegando a unha altura máxima duns 100 km. Os foguetes engalaban desde unha lanzadeira semiautomática debido á súa proximidade á zona das detonacións nucleares.[2][3][1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Andreas Parsch (2006). "Cooper Development Asp / Ascamp / Nike-Asp / Terrier-Asp" (en inglés). Consultado o 13 de agosto de 2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 Mark Wade (2022). "ASCAMP" (en inglés). Consultado o 13 de agosto de 2022. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "ASCAMP" (en inglés). Consultado o 13 de agosto de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]