90210

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
90210
Shenae Grimes 2009.jpg
Shenae Grimes, unha das protagonistas de 90210
País de orixe USA

90210 é unha serie de televisión estadounidense ideado por Rob Thomas, Jeff Judah e Gabe Sachs. É a cuarta serie da franquía Beverly Hills, 90210 creada por Darren Star. Está producida por CBS Television Studios para The CW Television Network que comezou a emitila nos Estados Unidos ó tempo que no Canadá pola Global Television Network, o 2 de setembro de 2008. Emitiuse unha tempada de 24 episodios e en agosto de 2009 confirmouse que renovou por unha tempada máis de 22 episodios.

Argumento[editar | editar a fonte]

A serie desenvolvese arredor da familia Wilson, xunto con outros estudantes ricos no ficticio West Beverly Hills High, onde Annie Wilson (Shenae Grimes) e Dixon Wilson (Tristan Wilds) se establecen cando seu pai, Harry Wilson (Rob Estes), chega desde Kansas coa súa familia para coidar da súa nai, a antiga estrela da televisión Tabitha Wilson (Jessica Walter), que ten problemas coa bebida. Annie e Dixon loitan por asentar as súas vidas mentres fan novos amigos. En 90210 participan actores da serie orixinal e tamén actores convidados como Jennie Garth, Shannen Doherty, Tori Spelling e Joe E. Tata.