Área metropolitana de París
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A área metropolitana de París é unha das maiores aglomeracións urbanas na Unión Europea. A súa área metropolitana ten unha poboación de 9.928.000 habitantes.[1]
No caso de París, así como noutras cidades, poderíase establecer unha definición máis ampla que incluíse unha aglomeración máis extensa aínda que menor densamente poboada que a área metropolitana. Esta sería a rexión urbana de París que, cunha poboación de 11.173.886 habitantes en 1999[2] estaría entre as tres rexións urbanas máis poboadas da Unión Europea, por riba do Randstad dos Países Baixos. A poboación da área urbana de París en 2007 é de 12.067.000 habitantes.
[editar] Notas
- ↑ Population des villes et unités urbaines de plus de 1 million d'habitants de l'Union européenne (francés). Consultado o 16/03/2007.
- ↑ Recensement de la population francaise mars 1999 (francés). Consultado o 16/03/2007.