Portal:Música clásica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A música clásica é a corrente musical que comprende principalmente a música producida ou baseada nas tradiciones de la música occidental, tanto litúrxica como secular. Abrangue un periodo de tempo que vai aproximadamente dende o século XI á actualidade, e inclúe o período clásico e outros. As normas centrais desta tradición foron codificadas entre 1550 e 1900, período que é coñecido como o período da práctica común. As principais divisións temporais da música occidental son as seguintes: música antiga, que inclúe a música medieval (500-1400) e a música renacentista (1400-1600); o período da práctica común, que inclúe a música barroca (1600-1750), a música clásica (1750-1820), e a música romántica (1804-1910); e a música do século XX e música contemporánea.

A música clásica distínguese da música popular e de outras formas musicais non europeas pola súa característica notación musical simbólica, en uso dende aproximadamente o século XVI. Dita notación permite aos compositores prescribir de xeito detallado o tempo, a métrica, o ritmo, a altura e a execución precisa de cada peza musical. Isto limita o espazo para a improvisación ou a ornamentación ad libitum, que son frecuentes na música artística non europea e na música popular. Outra característica é que mentres a maioría dos estilos «populares» tenden a desenvolverse arredor do xénero da canción, a música clásica tense caracterizado polo desenvolvemento de formas e xéneros musicais altamente sofisticados, e polo uso dunha moi variada e complexa instrumentación.

O termo "música clásica" non apareceu ata principios do século XIX, nun intento de canonizar o período dende Johann Sebastian Bach ata Beethoven como a idade dourada. A primeira referencia que temos do termo "música clásica" aparece no Oxford English Dictionary, en torno a 1836.

Artigo destacado

editar

Tristan und Isolde (en galego, Tristán e Isolda) é unha ópera en tres actos con música e libreto en alemán de Richard Wagner, baseado en boa parte no romance de Gottfried von Strassburg. Foi composta entre 1857 e 1859 e estreada en München o 10 de xuño de 1865 baixo a batuta de Hans von Bülow. Wagner non a chamaba ópera senón Eine Handlung (drama musical). Forma parte do Canon de Bayreuth.

A composición de Wagner de Tristan und Isolde foi inspirada pola súa aventura con Mathilde Wesendonck e a filosofía de Arthur Schopenhauer. Recoñecida amplamente como un dos cumios do seu repertorio operístico, Tristan und Isolde destaca polo uso avanzado que fai Wagner do cromatismo, a tonalidade, a cor orquestral e a suspensión harmónica. O primeiro acorde da ópera, chamado o «acorde de Tristán», considérase de grande importancia no desenvolvemento da harmonía tonal tradicional.

A ópera foi moi influente entre os compositores occidentais e serviu de inspiración a compositores como Gustav Mahler, Richard Strauss, Karol Szymanowski, Alban Berg ou Arnold Schoenberg. Moitos ven Tristan und Isolde como o comezo da fin da harmonía convencional e a tonalidade, e consideran que establece a base do movemento atonal característico do século XX.

Imaxe destacada

editar

Manuscrito da Polonesa Op 53 de Frédéric Chopin.
Vexa o artigo polonesa.


Este mes
Categorías
Biografía destacada

editar

Claudio Abbado, nado en Milán o 26 de xuño de 1933 e finado en Boloña o 20 de xaneiro de 2014, foi un director de orquestra italiano. En 2013 foi nomeado senador vitalicio no Senado de Italia. Abbado estivo á fronte de catro das institucións máis importantes da música europea, o Teatro alla Scala de Milán, a London Symphony Orchestra, a Wiener Staatsoper, e a Berliner Philharmoniker. O seu interese por formar e achegar a música clásica á xente nova materializouse en proxectos como a European Union Youth Orchestra en 1978 ou a Gustav Mahler Jugendorchester en 1986. Abbado destacou tamén pola difusión da música contemporánea, especialmente do compositor italiano Luigi Nono, de quen estreou varias obras.

O seu traballo discográfico abrangue todo o gran repertorio, tanto sinfónico como operístico, dos séculos XIX e XX. Realizou gravacións dos ciclos sinfónicos máis importantes: sinfonías e música coral de Johannes Brahms, sinfonías de Gustav Mahler, Petr Ilich Chaikovskii, Sergei Prokofiev, Modest Musorgskii, Antonín Dvořák e Wolfgang Amadeus Mozart. No que respecta ao repertorio operístico, Abbado realizou gravacións de grande éxito, especialmente das óperas de Rossini La Cenerentola e Le nozze di Figaro, e sobre todo a súa gravación de Carmen protagonizada por Teresa Berganza e Plácido Domingo.

Abbado foi considerado por moitos, xunto con Riccardo Muti, un dos sucesores da tradición italiana encarnada por Arturo Toscanini e Victor de Sabata.

Cita destacada

editar

Schönberg en 1948.
A música transmite unha mensaxe profética, revelando unha forma de vida superior cara a cal a humanidade evoluciona.
Son destacado
Sabías que...

editar


Proxectos relacionados


Artigos de calidade e bos

editar

Artigos de calidade (52)

Artigos bos (10)

Portais relacionados

editar

Ballet
Ballet

Ballet

Música
Música

Música

Ópera
Ópera

Ópera

Proxectos irmáns

editar

Wikimedia Commons
Wikimedia Commons

en Commons