Índice Broca
Aparencia
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2021.) |
O Índice Broca é unha forma rápida de calcular o peso ideal dunha persoa. Calcúlase así:
Peso ideal = Estatura (en cm) - 100
Este índice suxire pesos ideais moi baixos para individuos de baixa estatura, e é inaplicable para os nenos. Tampouco está ben axustado para individuos moi altos.
Existen outros índices que se consideran mellores, coma o índice de masa corporal.