Saltar ao contido

Ásatrú

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Expoñentes
Sveinbjörn Beinteinsson
Stephen McNallen
Actualidade relacionada
Vanatrú
Teodismo
Termos relacionados
Etenismo
Neopaganismo

Ásatrú (Asa-Trú. Literalmente, Fiel ou Lealdade aos Deuses) é a recreación moderna da antiga relixión precristiana do Centro e Norte de Europa. Esta relixión tamén é coñecida como Norsk Sede (Tradición Nórdica), Forn Sede (Antiga Tradición), Vanatrú (o culto a deuses Vanir), Vor Sidr (A nosa tradición), Teodish (Fe Anglosaxoa),ou Odinismo. Formas clásicas destes cultos foron practicadas en Galicia en tempos dos Suevos, sendo a expresión relixiosa pagá da que máis información se conserva das practicadas no norte peninsular.

Ásatrú é un movemento espiritual orixinado o 16 de maio de 1973 en Islandia polo poeta Sveinbjörn Beiteinsson. Este fundou o grupo Ásatrúarmenn ('Os homes que confían nos deuses'), actualmente chamada Ásatrúarfélagið ('Asociación dos que confían nos deuses'). Esta corrente espiritual busca de recuperar as tradicións e relixión de pobos nórdicos.

Esta tradición pagá baséase no culto aos Deuses Æssir e Vanir, os Elfos, Disar e os Devanceiros familiares. As cerimonias practicadas son coñecidas como Blót, unha libación comunitaria en honra dos deuses. Entre o credo relixioso inclúese elementos do folclore dedicado aos cambios e estacións da Natureza, tradicións populares, poesía tradicional, elementos espirituais e algúns de carácter máxico (Maxia Rúnica e xamanismo nórdico coñecido como Seidr).

Entre os seus Deuses máis coñecidos podemos destacar: Odín (O Altísimo), Freyja, Frigga, Loki, Thor e Balder ou Baldr, e a lista pode continuar.

Esta relixión ten diferentes modelos de reconstrución segundo a súa diferentes tendencias. A base adoita ser a partir do modelo viquingo xa que é o que contén máis información. Algúns grupos reconstruíron a partir de antigas tribos como visigodos, anglosaxóns, teutóns, lombardos, burgundios etc.

Un dos termos para chamar a un Ásatrú é Ásatrúarmadr, pero hai un termo xenérico, Heathens (Pagáns). Durante a Cristianización do Norte de Europa, os misioneiros chamaron aos practicantes desta antiga relixión «salvaxes» (inglés moderno: Heathen / inglés medio: Hethen / inglés antigo: Hæthen / antigo alto alemán: Heidan), debido a que os últimos redutos da antiga relixión foron, precisamente, as zonas «non civilizadas», é dicir os brezales ou terras salvaxes.

O termo Ásatrú é un neoloxismo acuñado no contexto do romanticismo nacionalista do século XIX, utilizado por primeira vez por Edvard Grieg na súa ópera Olaf Trygvason, de 1870, a práctica relixiosa en si é unha reconstrución do culto ancestral dos pobos xermánicos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]