Ángel Portela Pardo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1905 Ponte Caldelas, España |
Morte | maio de 1982 (76/77 anos) O Saviñao, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | farmacéutico, político |
Membro de |
Ángel José Portela Pardo, nado en Ponte Caldelas cara a 1905 e finado no Saviñao en maio de 1982, foi un farmacéutico e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Manuel Portela. Licenciado en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela en 1926, foi farmacéutico auxiliar do Exército e profesor axudante de clases prácticas adscrito ás cátedras de Química Inorgánica e Farmacia Práctica. Colaborou en El Pueblo Gallego. Instalado como farmacéutico en Taboada dende 1929, foi Inspector Farmacéutico Municipal. Afiliado a Unión Republicana, foi presidente da agrupación local de Taboada, e foi vogal do comité de propaganda pro-estatuto de Galicia de Taboada.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi cesado como inspector farmacéutico municipal ata que foi reposto en 1940. O Tribunal Regional de Responsabilidades Políticas condenouno en 1941 a unha sanción económica de 500 pesetas. Foi académico correspondente da Real Academia Nacional de Farmacia dende 1942. Finou no Saviñao en maio de 1982.[1]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en Cacabelos coa mestra de Taboada dos Freires Antonia Fernández López en outubro de 1929.[2]