Medula

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Do latín, medulla, feminino. Pode referirse a:

  1. Medula espiñal (Medicina)
  2. Medula (botánica) (tamén chamada arro ou miolo):
  • Nos talos das dicotiledóneas. ximnospermas e nalgúns pteridófitos, denomínase así, metaforicamente, ao parénquima incoloro e de membrana sutil, que ocupa a parte interna do cilindro central, limitado ao exterior polos feixiños vasculares. Con frecuencia é un tecido moi livián e en ocasións pode ser máis ou menos reabsorbido.
  • Nos liques, parte interna do talo, contituída por hifas máis soltas cas externas.
  • Nalgunhas algas feofíceas, é a porción axial ou central do talo, e presenta unha estrutura histolóxica máis laxa.