Leis da termodinámica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Leis da termodinámica
Lei cero da termodinámica
Primeira lei da termodinámica
Segunda lei da termodinámica
Terceira lei da termodinámica

As leis da termodinámica describen, en principio, os particulares do transporte de calor e traballo en procesos termodinámicos. Porén, desde a súa concepción, estas leis físicas tornáronse nas máis importantes de toda a Física e outras pólas da ciencia relacionadas coa termodinámica. Vense con frecuencia asociadas con conceptos moi afastados do que recollen os seus enunciados.

O primeiro principio en ser establecido foi a Segunda Lei da Termodinámica, tal e como a formulou Sadi Carnot en 1824. En 1860 xa se estableceran dous "principios" da termodinámica cos traballos de Rudolf Clausius e William Thomson. Conforme pasaba o tempo, estes principios tornáronse en "leis". En 1873, por exemplo, Willard Gibbs xa afirmaba que existían dúas leis absolutas da termodinámica no seu Métodos gráficos na Termodinámica de fluídos. Na actualidade enúncianse un total de catro leis. Nos últimos 80 anos, algúns autores teñen suxerido leis adicionais, ningunha das cales foi aceptada unanimemente.