Forcado
Aparencia
Esta é unha páxina de homónimos, unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que comparten o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Se chegaches aquí a través dunha ligazón interna, quizais desexes corrixila de modo que apunte ao artigo axeitado. Podes axudarte do detector de homónimos, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Homónimos: Activar o detector de homónimos. |
O termo forcado pode designar diversos apeiros agrícolas:
- Forcado, apeiro agrícola formado por un mango rematado en tres ou máis gallas, para apañar herba, palla, esterco etc.
- Forcado, peza par do arado a ámbolos lados do rostro, para anchear o suco. Adoita denominarse abeaca.
- Forcado, peza do carro, no nacemento da cabezalla, rematado en 2-3 gallas, que serve para evitar que a carga caia sobre a xugada.
- Forcado, útil de cociña en forma de pau pequeno, tamén rematado en 2-3 gallas, para calcar a verdura ou os roxóns que ferven na pota.