Coador
O coador ou coadoiro é un utensilio de cociña que emprega o concepto de criba ou filtro de alimentos co obxecto de escorrer. Na cociña emprégase un coador cando se quere separar un alimento líquido do seu caldo, por exemplo: ao cocer pasta emprégase un coador para separar a pasta (sólida) da súa salmoira de cocción (líquido), ao cocer as legumes, o arroz etc. O material empregado adoita ser metálico (aluminio) ou plástico, algúns deles están elaborados dunha trama de finos fíos de aceiro, todos os coadores adoitan ter forma semi-esférica para recepcionar a maior cantidade de mestura. No bordo dos coadores adoita haber unha especie de ganchos para que se poida suxeitar nun cazo ou ola o contido separado. Existen coadores con forma cónica (chineses) empregados para separar os elementos de consistencia sólida (pebidas, sementes etc) da parte máis caldosa.
É costume tradicional elaborar o café fervido en auga e posteriormente separalo cun coador de tea antes de ser servido, desta forma pódese atopar café no norte de España (café de pote). Algunhas persoas sosteñen que unha media é capaz de facer as funcións de coador con grande eficacia.
Características físicas
[editar | editar a fonte]Un coador necesita de dúas características físicas para ser elixido nunha tarefa da cociña:
- O tamaño dos buracos da criba, que é moi importante na selección dos elementos a separar, xa que na súa función de filtro é importante saber que debe quedar sobre o coador.
- A superficie de coador, ou receptáculo da mestura importante para saber a cantidade a tratar.
Variantes
[editar | editar a fonte]É moi frecuente atoparse diferentes tipos de coador nunha cociña, por exemplo un coador de té que adoita ter forma esférica en diferentes variantes e tamaños, o coador empregado nas infusións adoita ser semiesférico e similar ao empregado na separación da parte sólida e líquida de alimentos.
Usos non culinarios
[editar | editar a fonte]Adóitase empregar unha variante coa peneria máis delicada (elaborado de seda) para cazar bolboretas así como peixes nun acuario.