Saltar ao contido

Chocallo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Chocallo.
Unha vaca co chocallo pendurado do pescozo

Denomínase chocallo[1], choca[2] ou cinzarra[3] á campaíña metálica, feita con chapa de ferro ou cobre, que pendura do pescozo dalgúns animais e que serve para saber onde paran e poder vixialos con maior facilidade. En Galiza, amais de nas vacas, tamén é habitual o emprego de chocallos en cabras, carneiros e outros ruminantes.

Refraneiro

[editar | editar a fonte]
  • Quen perde o almallo, búscalle o chocallo.
  • Chocallo de prata e bois rombós son as boas señaes do labrador.
  • Chouco, chouco, chouco, os chocallos meus e as vaquiñas doutro.
  • Ao que ten pouco bois, antóxanselle os chocallos.
  • A boi vello, chocallo novo.
  • Boi sen chocallo pérdese polo atallo.
  • ¿Sona o chocallo? Gado vén.
  • Onde vai o chocallo vai o fato.
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para chocallo.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para choca.
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cinzarra.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]