Saltar ao contido

Braza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unha braza é unha unidade de medida náutica empregada polo xeral para medir a profundidade da auga ou fóra dun mundo náutico, no medio rural, para se facer unha idea da lonxitude. Chámase braza, porque equivale á lonxitude dun par de brazos abertos en cruz dun home, se ben varía a súa equivalencia en metros segundo o país. Actualmente é considerada unha unidade de medida obsoleto e imprecisa, malia que segue a ser empregada nalgúns sectores.

  1. Unha braza española vale 1,6719 metros.
  2. Unha braza inglesa, chamada fathom en inglés, equivale a 1,8288 metros ou 2 iardas.