Zippasla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Zippasla foi un reino de Asia Menor situado ao sur da clásica Frixia, que recibía o seu nome do monte Zippasla.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Das fontes hititas coñécese ao rei Madduwattas, que se enfrontou con Attarisiya, rei de Ahhiya (Aquea), pero foi derrotado e expulsado dos seus territorios xunto coa súa familia; perseguidos polos aqueos e falto de recursos, Madduwatas pediu axuda a Tudhaliyas II rei dos hititas, que aceptou axudalo e deulle carros de combate, xantar, viño e outras subministracións, e mesmo lle ofreceu o goberno da rexión do monte Hariyati, máis próxima a territorio hitita que Zippasla, pero Madduwatas non estaba interesado nesta terra senón que quería recuperar a súa; un exército hitita axudou a Madduwattas e expulsou aos aqueos de Zippasla e repúxoo, pero como vasalo do gran rei hitita e con obriga de ser inimigo de Kupanta-Kurunta, rei de Arzawa contra o que Tudhaliyas II planeaba facer a guerra; Madduwattas tampouco podía establecer ningún contacto con Attarisiya de Ahhiya.

Pero Madduwattas atacou Kupanta-Kurunta pola súa propia iniciativa e foi derrotado completamente, e as forzas de Arzawa ocuparon Zippasla e fixeron moitos prisioneiros, incluíndo a familia real, e só Madduwattas e uns poucos seguidores deron escapado, e tivo que volver pedir axuda aos hititas. Tudhaliyas enviou a dous oficiais, Pinošeni e Puškurunuwa, con infantería e carros de combate en axuda do seu vasalo; a batalla librouse preto da cidade de Sallawassi; os hititas atacaron e venceron, e coas forzas de Arzawa atoparon os prisioneiros e a familia de Madduwattas, todo o cal foi entregado a este. Kupanta-Kurunta escapouse so e con dificultade e Madduwattas reinstalouse no seu palacio a Zippasla.

Máis tarde, Madduwattas converteuse en rei de Arzawa por un enlace matrimonial coa filla do rei, e Arzawa e Zippasla formaron unha unidade.