Saltar ao contido

You Are There

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

You Are There
 Instancia de
Características
 Cor
 Lingua orixinal
Implicados
 Creador/a
 Director/a
Datas
 Data de comezo
1 de febreiro de 1953 Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
9 de xuño de 1957 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Número de episodios
   147 Editar o valor en Wikidata
 Número de tempadas
   5 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Fontes e ligazóns
Freebase/m/02q4lrf Editar o valor en Wikidata
IMDB: tt0045458 TV.com: shows/you-are-there Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons
Walter Cronkite, presentador de You Are There

You Are There é unha serie de divulgación histórica estadounidense emitida orixinalmente para a radio, na CBS Radio e da que máis tarde se fixo unha serie para a televisión, emitida na rede da CBS Television.

A serie para a radio creouna Goodman Ace, axuntando a historia coa tecnoloxía moderna, cada programa consistía nun noticieiro en vivo que trataba algún dos grandes eventos do pasado, dramatizándoos e mesturando as convencións da investigación histórica co xornalismo de investigación, e coa participación de xornalistas coñecidos como John Charles Daly, Don Hollenbeck ou Richard C. Hottelet. A estrea da serie foi o 7 de xullo de 1947 co título de CBS Is There, a partir do episodio 24 utilizou a denominación "You Are There". O último episodio difundiuse o 19 de marzo de 1950. Dos 90 episodios emitidos consérvanse 75[1].

Televisión

[editar | editar a fonte]

O 1 de febreiro de 1953 emitiuse o primeiro programa da serie de televisión, con Walter Cronkite como o presentador habitual, seguindo o mesmo esquema que na radio, emitíanse en directo, aínda que moitos dos últimos episodios producíronse en filme. O derradeiro episodio emitiuse o 13 de outubro de 1957.

  1. ↑ "The CBS Is There Radio Programs". Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2011. Consultado o 04 de decembro de 2010.