Ylä-Anus
Aparencia
Ylä-Anus (en ruso: Верхнеолонецкий) é unha localidade de 321 habitantes[1] do municipio de Kotkatjärvi no distrito Olonets da República de Carelia.
Localización
[editar | editar a fonte]Sitúase na beira nordés do lago Voruzjärvi, a 2 km da estrada K 21 (antiga M 18)[2] que une Murmansk con San Petersburgo, a 21 km ao norte do lago Kotkatjärvi e a 65 km da vila de Olonets
Historia
[editar | editar a fonte]No século XIX coñecíase como Reboinselgy e pertencía ao uezd do Olonets da gubernia de Olonets. Durante a segunda guerra ruso-finesa (1941 – 1944) a localidade quedou practicamente destruída e logo da guerra construíronse vivendas para os traballadores forestais
No ano 2009 erixiuse unha igrexa ortodoxa dedicada a San Tadeo de Petrozavodsk.
Demografía
[editar | editar a fonte]En 1959 a localidade tiña 900 habitantes.
2009 | 2010 | 2013 |
---|---|---|
432 | ↘327 | ↘321 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Численность населения в разрезе сельских населённых пунктов Республики Карелия по состоянию на 1 января 2013 года". library.karelia.ru.
- ↑ Karelija: entsiklopedija 1. Petrozavodsk: Petropress. 2007. p. . 207.