Yip Man
![]() | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (zh) 葉繼問 1 de outubro de 1893 Foshan, Guangdong, |
| Morte | 2 de decembro de 1972 |
| Causa da morte | cancro de cabeza e pescozo |
| Lugar de sepultura | Fanling (en) |
| Residencia | Hong Kong |
| País de nacionalidade | Chinés |
| Educación | St. Stephen's College (en) |
| Actividade | |
| Ocupación | Mestre de Wing Chun |
| Partido político | Kuomintang |
| Profesores | Chan Wah-shun (en) |
| Alumnos | William Cheung (en) |
| Deporte | Wing chun |
| Familia | |
| Cónxuxe | Cheung Wing-sing (張永成) |
| Fillos | Yip Chun, Ip Ching |
Yip Man (tamén coñecido como Yip Kai-Man), nado o 1 de outubro de 1893 en Foshan e finado o 2 de decembro de 1972 en Hong Kong, foi un mestre chinés das artes marciais. Tivo un gran número de discípulos que máis tarde se converterían tamén en mestres, como o famoso Bruce Lee.
Biografía
[editar | editar a fonte]
Iniciou a súa aprendizaxe do Wing Chun con Chan Wah-shun e rematou o seu adestramento con Sibak Leung Bik. Yip Man foi o primeiro mestre en ensinar abertamente a arte marcial do Wing Chun. Fíxoo cando tiña 55 anos como unha forma de gañar a vida na cidade de Hong Kong, onde tivo múltiples alumnos que, á súa vez, difundiron a arte por todo o mundo. É famoso entre outras cousas porque foi o mestre de Bruce Lee e estivo considerado como o mellor mestre de artes marciais do mundo. Da súa morte sábese que Lun Kai, un dos seus discípulos que o fora visitar, atopouno morto na súa residencia. O seu corpo descansa nun antigo cemiterio de Hong Kong, onde practicantes de todo o mundo o visitan para prestarlle homenaxe.
