Yeşilgiresun Belediyespor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Yeşilgiresun Belediye")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Yeşilgiresun Belediyespor
Yeşilgiresun Belediye 20171210 (4).jpg
Información xeral
Liga BSL
Fundación 2006
Historia Yeşilgiresun Belediye (2006-2015)
Cores           Verde, branco
Presidente Flag of Turkey.svg Kerim Aksu
Adestrador Flag of Serbia.svg Mihailo Uvalin
Localización
Cidade Flag of Turkey.svg Giresun, Turquía
Pavillón 19 Eylül Spor Salonu
Capacidade 3.500
ygbspor.com

O Yeşilgiresun Belediyespor (antes coñecido como Yeşilgiresun Belediyes) é un equipo de baloncesto da cidade de Giresun (Turquía). Actualmente xoga na Basketbol Süper Ligi, máxima categoría do baloncesto turco. O pavillón no que xoga os seus partidos como local é o 19 Eylül Spor Salonu, recinto con capacidade para 3.500 espectadores.

Historia[editar | editar a fonte]

O club foi fundado en 2006 polo Concello de Giresun. O equipo comezou a xogar na tempada 2006-2007 na Erkekler Bölgesel Basketbol Ligi. Entre 2006 e 2012, o equipo xogou entre a Erkekler Bölgesel Basketbol Ligi e a TB3L. Na tempada 2011-12 na TB3L, o equipo finalizou a tempada en terceiro lugar, perdendo a oportunidade de ascender. Con todo, o campión da tempada, o Söğüsten Seramik, retirouse da liga e o Yeşilgiresun foi convidado á TB2L pola Federación turca de baloncesto (TBF).

Na tempada 2012-13, o equipo finalizou a liga regular en terceiro lugar. Nos play-offs, o equipo venceu ao Darüşşafaka S.K. en cuartos de final, mais perdeu contra o Trabzonspor Basketbol en semifinais, disipándose a oportunidade de ascender. Na tempada 2013-14, o equipo finalizou a liga regular en quinto lugar. Nos play-offs, o equipo venceu ao Akhisar Belediye en cuartos de final, mais caeu derrotado contra Darüşşafaka Doğuş en semifinais, perdendo de novo a oportunidade de ascender.

Na tempada 2014-15, o equipo finalizou a liga regular en sexto lugar. Nos play-offs, o equipo derrotou ao BEST Balıkesir Basketbol Kulübü en cuartos de final e en semifinais venceu ao Sakarya BB, ascendendo desta maneira á TBL, máxima categoría de baloncesto do país. O equipo gañou na final ao Tüyap Büyükçekmece e proclamouse campión da TB2L.

Ano a ano[editar | editar a fonte]

Ano Nivel Liga Pos. Copa
2011–12 3 TB3L
2012–13 2 TB2L
2013–14 2 TB2L
2014–15 2 TB2L
2015–16 1 BSL 12º
2016–17 1 BSL 11º Cuartos de final
2017–18 1 BSL 15º

Xogadores[editar | editar a fonte]

Destacados[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]