Yalanda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Yalanda foi unha cidade mencionada nas inscricións hititas na fronteira do territorio de Ahhiyawa (Aqueos, á clásica Xonia) e ao oeste de Wallarima.

Hattusilis III na parte final do seu reinado chegou á cidade cando estaba liquidando a revolta de Piyama-radu, e alí caeu nunha emboscada en tres lugares diferentes das inmediacións, preparada por Lahurzi, irmán de Piyama-radu; os ataques non tiveron éxito e a cidade comprou a retirada de Lahurzi, pero non evitou a súa destrución por Hattusilis III.