Xustino de Jacobis
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de outubro de 1800 San Fele, Italia (pt) |
Morte | 31 de xullo de 1860 (59 anos) Massaua, Eritrea |
Bispo titular | |
6 de xullo de 1847 – Diocese: Nilopolis (en) | |
Vigairo apostólico | |
6 de xullo de 1847 – Diocese: Arquieparquia de Adis Abeba (pt) | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1849–), sacerdote católico (1824–), misioneiro |
Orde relixiosa | Congregación da Misión |
Consagración | Guglielmo Massaia (pt) |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 31 de xullo |
San Xustino de Jacobis, nado o 9 de outubro de 1800 en San Fele (Potenza, Reino de Nápoles) e finado o 31 de xullo de 1860 en Zula (rexión do Mar Vermello Setentrional, Eritrea) foi un misioneiro italiano lazarista, bispo católico e vigairo apostólico de Abisinia, canonizado en 1975.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado como Giustino Sebastiano Pasquale de Jacobis, o 17 de outubro de 1818 entrou na Congregación da Misión en Nápoles, facendo os seus votos o 18 de outubro de 1820. Foi ordenado sacerdote en Brindisi o 12 de xuño de 1824. Logo de exercer o seu ministerio en Oria e Monopoli, foi elixido superior da súa congregación en Lecce e posteriormente en Nápoles.
En 1839 foi nomeado primeiro prefecto apostólico de Abisinia, co encargo de fundar alí misións católicas. Logo dunha década de traballo, foi nomeado bispo titular de Nilopolis en 1847, e o 6 de xullo de 1847 vigairo apostólico de Abisinia. Rexeitou o seu nomeamento como bispo até que lle foi imposto, recibindo a consagración episcopal o 7 de xaneiro de 1849 de mans do vigairo apostólico de Galla Guglielmo Massaia. Malia sufrir a cadea e o exilio xunto con outras persecucións por parte da Igrexa ortodoxa etíope, foi quen de fundar moitas misións católicas, así como escolas en Agame e Akele Guzay[1] para a formación de clero local e o estabelecemento das bases das actuais Igrexa católica etíope e eritrea.
Finou en 1860 en Hebo, no que hoxe é a rexión do Mar Vermello Setentrional de Eritrea, mentres viaxaba a Halai onde esperaba recuperar a súa saúde.[1]
Veneración
[editar | editar a fonte]O seu proceso de canonización comezou en Etiopía en 1891, nun proceso informativo que finalizou en 1894.O comezo formal da causa comezou no pontificado de Pío X logo de que o 13 de xullo de 1904 recibira a aprobación da Congregación dos Ritos. De Jacobis foi declarado venerable o 28 de xullo de 1935 por Pío XI, e o papa Pío XII beatificouno o 25 de xuño de 1939. Foi canonizado por Paulo VI o 26 de outubro de 1975.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Killion, Tom (1998). Historical Dictionary of Eritrea. The Scarecrow Press. ISBN 0-8108-3437-5.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Abraha, Alazar (1995). Saint Justin De Jacobis: his missionary methodology in Eritrea and Ethiopia (en inglés). Paulines Publications Africa. ISBN 9789966211866.
- Butler, Alban (1995). Burns, Paul, ed. Butler's Lives of the Saints (en inglés) 7. A&C Black. pp. 263–264. ISBN 9780860122562.
- Farmer, David (2011). The Oxford Dictionary of Saints (en inglés). Oxford University Press. p. 118. ISBN 9780191036736.
- Ott, Michael (1910). "Blessed Justin de Jacobis". The Catholic Encyclopedia (en inglés) 8. Nova York: Robert Appleton Company.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Nados en 1800
- Finados en 1860
- Nados na provincia de Potenza
- Bispos católicos do século XIX
- Bispos católicos de Italia
- Bispos católicos de Eritrea
- Bispos católicos de Etiopía
- Bispos da Igrexa católica latina
- Bispos da Igrexa católica etíope
- Relixiosos católicos de Italia
- Lazaristas
- Santos do catolicismo
- Misioneiros