Xunqueiredro
O Xunqueiredro ou Xunqueiredo II é un poliedro de 80 caras[1], que son triángulos equiláteros iguais. Pódese construír a partir de varias estrela octángulas ou a partir de varios tetraedros.
Foi nomeado oficialmente polo Club de Ciencia[2] do IES A Xunqueira II[3] de Pontevedra no acto de entrega de premios do I Concurso Novos Poliedros organizados por Igaciencia[4][5][6], en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.[7]
Construción do Xunqueiredro II mediante padróns[editar | editar a fonte]
A partir dunha imaxe en 3D extráense os padróns en dúas dimensións subdividindo a peza en 4 niveis, dos que o 3º e o 4º son simétricos aos dous primeiros.
O nivel superior corresponde coa metade dunha Stella Octángula, que está composta por 12 triángulos equiláteros. Constrúese mediante dous padróns iguais de 6 triángulos cada un.
O segundo nivel contén 28 triángulos equiláteros. Constrúese mediante 4 padróns de 7 triángulos cada un.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ IES A Xunqueira II. "Xunqueiredro" (PDF).
- ↑ IES A Xunqueira II. "Club de Ciencia" (PDF).
- ↑ IES A Xunqueira II. "IES A Xunqueira".
- ↑ La Voz de Galicia. "Premio para os autores de «Xunqueiredro II», o poliedro dos alumnos do IES A Xunqueira II".
- ↑ Faro de Vigo. "O IES A Xunqueira II, no concurso "Novos Poliedros"".
- ↑ Diario de Pontevedra. "A Xunqueira II gaña un dos premios do Concurso de Novos Poliedros".
- ↑ Secretaría Xeral de Política Lingüística, Xunta de Galicia. "A Secretaría Xeral".