Xosé Alfredo Naz Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xosé Alfredo Naz Fernández
Nacemento1972
Lugar de nacementoVigo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónprofesor de ensino secundario e escritor
editar datos en Wikidata ]

Xosé Alfredo Naz Fernández, nado en Vigo en 1972, é un profesor e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Profesor de Matemáticas. En 2005 gañou o Certame de Narración Curta Ánxel Fole, o Ciencia que conta de 2009. En 2010 gañou o premio Modesto R. Figueiredo con "O Mal", sendo tamén finalista con "A sombra da curuxa". Gañou o XI Certame de relatos de aventuras Antón Avilés de Taramancos en 2012. En 2021 gañou o VI Concurso Balbino de Relatos coa obra O afiador.[1]

Obras[editar | editar a fonte]

  • Círculo, 2008.
  • O sorriso de Hitler, 2012.
  • Gumes entre a néboa, 2021.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, Lalín-A Estrada, 3-9-2021, L5.