Saltar ao contido

Xoan Piñón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaXoan Piñón
Biografía
Nacemento1951 Editar o valor en Wikidata (72/73 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmúsico, fotógrafo Editar o valor en Wikidata

BNE: XX949916 BUSC: pinon-xoan-1951 Discogs: 1970040 Editar o valor en Wikidata

Xoan Piñón, nado na Coruña en 1951, é un fotógrafo profesional e músico galego. É membro de DOA, participou ademais en N.H.U..

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Medicina en 1975 pola Universidade de Santiago de Compostela. Fotógrafo autodidacta desde 1977, deuse a coñecer coa serie "Iluminados". Nos seus comezos combinou o deseño gráfico coa fotografía. A partir de 1982 alterna a fotografía profesional coas súas coleccións de autor. A súa obra é variable en contidos e forma; unha inquedanza pola experimentación, unha busca da interiorización no retrato e unha narrativa sincera e poética, conviven con mergullamentos nos mundos mais inhóspitos do inconsciente humano.

Músico vocacional, membro fundador do grupo DOA, toca a guitarra, laúde e a mandolina. Tamén colaborou con outros artistas.

  • Premio Accesit da Critíca (Vigo) 1982
  • Premio Lux Prata Moda 1995
  • Cofundador do grupo de fotógrafos galegos "Canbranco" "Primeira Fotobienal Vigo"
  • Cofundador do colectivo "Novos Fotografos Coruñeses"

Obra fotográfica

[editar | editar a fonte]

Coleccións

[editar | editar a fonte]
  • Iluminados (1977 a 1985)
  • Luz Coherente (1986)
  • Inmateriais (1987)
  • Nova York (1987)
  • Galicia Terra Nai (1993)
  • 10 Anos de Moda (1985 a 1995)
  • A Memoria Recobrada (1997)
  • Momentos de Cine (1997)
  • Espirais (1994 inacabada)
  • Dez Outonos no Courel (1994 - 2004)
  • A Paisaxe Humana (2003)
  • Extractos (2005)
  • A Horta de Carnati (2006- 2007)

Obra musical con DOA

[editar | editar a fonte]
  • 1979: O Son da Estrela Escura (Ruada) reeditado 2003 en SON de Galicia (La Voz de Galicia)
  • 1984: Polaridade (Sociedade Fonográfica Asturiana / Ión Producións) reeditado por Ye Records Dous Acordes SL. no 2002
  • 2002: Arboretum (DOA, Xingra)
  • 2006: A fronda dos cervos (DOA, Mare producións)
  • 2011: A fronda dos cervos (DOA, Fol Música)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]