Xeografía de Austria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mapa de Austria

A maior parte do territorio de Austria está dentro da sección oriental dos Alpes, que acadan alturas de máis de 3.000 m o que fai do país un destino importante para os practicantes de deportes de inverno. A montaña máis elevada é o Grossglockner, con 3.798 metros sobre o nivel do mar. A poboación concéntrase nos vales dos ríos entre os que destaca o máis importante, o Danubio, que entra en Austria por Passau, na fronteira con Alemaña; pasando por Linz e Viena, ata Bratislava, na fronteira con Eslovaquia. En Alemaña recibe o Inn, que pasa por Innsbruck, co seu afluente o Salzach, que pasa por Salzburgo.

O lago Constanza é o máis grande do país e forma a fronteira oeste con Liechtenstein e Suíza.

O clima austríaco é temperado e caracterízase polos seus invernos fríos e veráns frescos.