Xardín Botánico de Mérida

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 8°37′25″N 71°08′39″O / 8.6236944444444, -71.144111111111

Entrada ao xardín botánico de Mérida.

O Xardín Botánico de Mérida é un xardín botánico, fundado en 1991 pola Universidade de Los Andes para a preservación da fauna e da investigación da rexión, está situado na cidade de Mérida, Venezuela. O xardín ocupa unha superficie de 44 hectáreas que foron doadas pola universidade. Para o seu desenvolvemento foi dividido en zonas, dependendo do tipo de flora plantada, a maior das cales está ocupada por unha fraga de piñeiros nativos.[1]


Historia[editar | editar a fonte]

En 1991, a Facultade de Ciencias da Universidade de Los Andes creou o xardín botánico co fin de dotar á cidade e á universidade dun sitio para o estudo e divulgación da biodiversidade. A universidade dotou para o proxecto un terreo de 44 hectáreas dentro das zonas a carón da mencionada facultade no extremo norte da cidade para o desenvolvemento do miemo.[2]

O 8 de decembro de 2002 o Xardín Botánico abriuse ao público en xeral, manténdose aberto durante todo o ano.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Xardín Botánico de Mérida. Universidade de Los Andes Arquivado 21 de xaneiro de 2011 en Wayback Machine. (en castelán)
  2. "Información sobre o xardín". Arquivado dende o orixinal o 24 de xullo de 2011. Consultado o 23 de xaneiro de 2011.