World music
World Music (en galego, Música do Mundo) refírese á música tradicional ou música folclórica dunha cultura creada e tocada por músicos relacionados con esa cultura.[1]
O concepto de World Music é moi amplo e non está pechado, polo que os límites entre o que é e non é World Music non son claros. Inclúe música tradicional o folclórica, música popular, música étnica e outros xéneros locais ou característicos dalgunhas zonas ou culturas do mundo, difíciles de clasificar. Está relacionado coa globalización e a diversidade cultural.[2]
O termo foi concibido por Robert E. Brown no inicio da década de 1960, como unha amálgama de artes escénicas para promover a harmonía e o entendemento entre culturas. O expoñente máximo da Música do Mundo, segundo a visión de Brown, era aprender as danzas e os estilos musicais executándoos.[3]