Saltar ao contido

Winnipeg Warriors

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Winnipeg Warriors
Fundación1980
Desaparición1984 (trasladado a Moose Jaw baixo o nome de Moose Jaw Warriors)
CidadeWinnipeg,
Manitoba
Canadá
EstadioWinnipeg Arena
(10.100 espectadores)
LigaWestern Hockey League
ConferenciaLeste
Campionatos0
CoresVermello, negro e branco
                 

Os Winnipeg Warriors foron un equipo júnior de hóckey sobre xeo da cidade de Winnipeg (Manitoba, Canadá) que xogou na Western Hockey League. O equipo foi fundado como equipo de expansión en 1980, mais sufriu problemas de asistencia ao competir cos Winnipeg Jets da National Hockey League (NHL), e finalmente trasladouse a Moose Jaw (Saskatchewan, Canadá) en 1984, converténdose nos Moose Jaw Warriors. Durante o tempo que xogaron en Winnipeg, o equipo xogou os seus partidos como local no Winnipeg Arena.

Nas catro tempadas que o equipo permaneceu na capital de Manitoba tan só conseguiu clasificarse nunha ocasión para os play-offs, feito que ocorreu na tempada 1982-83, cando foron barridos na primeira rolda polos Lethbridge Broncos por 3-0 na serie.[1] O rexistro dos Warriors na tempada 1983-84 de 9-63-0 é o segundo peor rexistro para unha tempada de 72 da historia da liga, e tan só os Victoria Cougars conseguiron un rexistro peor co seu 5-65-2 da tempada 1989-90.

Títulos de División: Ningún
Campión da liga regular: Ningún
Títulos da WHL: Ningún
Memorial Cups: Ningunha

Lenda: PX = Partidos xogados, V = Vitorias, D = Derrotas, E = Empates, Pts = Puntos, GF = Goles a favor, GC = Goals en contra

Season PX V D E Pts GF GC Pos. Play-offs
1980–81 72 28 43 1 57 298 345 7th East Non clasificado
1981–82 72 23 48 1 47 285 388 8th East Non clasificado
1982–83 72 42 30 0 84 347 321 4th East 0-3 Lethbridge Broncos
1983–84 72 9 63 0 18 239 580 8th East Non clasificado

Ex xogadores na NHL

[editar | editar a fonte]
  1. "Winnipeg Warriors Statistics and History [1980-1984 WHL]" (en inglés). HockeyDB.com. Consultado o 19 de novembro de 2015.