Wilhelm Neumann
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de outubro de 1849 Grevesmühlen, Alemaña |
Morte | 6 de marzo de 1919 (69 anos) Riga, Letonia |
Lugar de sepultura | Grande Cemitério de Riga (pt) |
Educación | Universidade Técnica de Riga (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Arquitectura e estudo da historia da arte |
Ocupación | historiador da arte, arquitecto, profesor universitario |
Empregador | Universidade Técnica de Riga (pt) |
Movemento | Historicismo |
Johann Wilhelm Carl Neumann, e máis coñecido na época contemporánea en Letonia pola súa forma letonizada Vilhelms Neimanis[1], nado en Grevesmühlen o 5 de outubro de 1849 e finado en Riga o 6 de marzo de 1919, foi un arquitecto e historiador da arte xermano-báltico de Letonia. Arquitecto da cidade de Daugavpils (1878-1895), autor de varios proxectos de palacios historicistas letóns e do edificio do Museo de Arte da Cidade de Riga, foi tamén o seu primeiro director (1905-1919).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu no seo dunha familia de comerciantes de Mecklenburg. Pasou boa parte da súa infancia en Krustpils, onde se trasladara coa súa familia. En 1864 traballou como aprendiz na oficina do arquitecto Paul Max Bertschy durante a construción da liña ferroviaria de Riga a Daugavpils, e logo estudou no Politécnico de Riga e a partir de 1875 na Academia das Artes de San Petersburgo.
Entre 1873-1874 participou no deseño da estación de ferrocarril da cidade de Daugavpils. En 1878 comezou a desempeñar as funcións de arquitecto xefe de Daugavpils, deseñou a Igrexa Evanxélica Luterana Martiño Lutero de Daugavpils (1889-1893) e a católica Igrexa da Inmaculada Concepción da Virxe María (1903–1905). En 1887, publicou en Tallin o seu primeiro libro, e que constitúe tamén a súa obra máis relevante[1], considerada a primeira obra seria sobre a historia da árte báltica[2], titulada Grundriß einer Geschichte der bildenden Künste und des Kunstgewerbes in Liv-, Est- und Kurland vom Ende des 12. bis zum Ausgang des 18. Jahrhunderts. En 1895 mudouse a Riga, onde liderou a restauración da Catedral de Riga. Seguindo os proxectos de Neumann construíuse o edificio do Museo Provincial de Kurzeme en estilo historicista (1898) en Jelgava, o edificio do Museo catedralicio de Riga (1898). O seu proxecto máis importante foi a construción do edificio do Museo de Arte da Cidade de Riga (1903–1905), influenciado pola arquitectura do edificio do Museo Bode en Berlín.
Vilhelms Neumann foi autor de moitos palacios historicistas letóns: Līksna (1878-1780), Kalkūni (1890-1892), Pelči (1900–1904), Juzefova (1901), Taheva (1902). De 1899 a 1901 foi profesor axudante de historia da arte no Instituto Politécnico de Riga. En 1905 converteuse no director do Museo de Arte da Cidade de Riga e a partir de 1908 asumiu a xefatura da comisión de conservación de monumentos históricos, xa en 1888 avogara por crear un inventario de edificios históricos nas provincias do Báltico, e Neumann decidiu preparar un inventorio sistemático de arte e arquitectura. Non obstante, por mor da guerra o inventorio non se puido rematar e destruírono á mantenta[3] en 1919 os bolxeviques letóns da primeira República Soviética Socialista de Letonia. Neumann sempre se amosou partidario de conservar e restaurar os edificios seguindo o modelo orixinal [4].
Morreu durante a Guerra de Independencia Letoa o 6 de marzo de 1919.
Obras
[editar | editar a fonte]- Grundriß einer Geschichte der bildenden Künste und des Kunstgewerbes in Liv—, Est— und Kurland vom Ende des 12. bis zum Ausgang des 18. Jahrhunderts. Reval, 1887
- Die Ordensburger im sog. Polnischen Livland. Mitteilungen aus der livländischen Geschichte. Riga, 1889. Bd.14. H.3
- Werke mittelalterlicher Holzplastik und Malerei in Livland und Estland. Lübeck, 1892
- Das mittelalterliche Riga. Berlin, 1892
- Die St. Annenkirche zu Libau. Rigasche Stadtblätter, Nr. 21, 22, 1892
- Karl August Senff: Ein baltischer Kupferstecher. Reval, 1895
- Baltische Maler und Bildhauer des XIX Jahrhunderts. Riga, 1902
- Verzeichnis baltischer Goldschmiede, ihrer Merkzeichen und Werke. Sitzungsberichte der Gesellschaft für Geschichte und Alterthumskunde der Ostseeprovinzen Russlands aus dem Jahre 1904. Riga, 1905
- Lexikon baltischer Künstler. Riga, 1908
- Riga und Reval. Leipzig, 1908
- Führer durch Riga mit einem Stadtplan. Leipzig, 1910; 2. Aufl. Berlin, 1918
- Der Dom zu St. Marien in Riga. Riga, 1912
- Das Museum in Riga. Museumskunde. Berlin, 1906. Bd.2
- Merkbüchlein zur Denkmalpflege auf dem Lande. Riga, 1911
- Aus alter Zeit: Kunst und kunstgeschichtliche Miszellen aus Liv—, Est— und Kurland. Riga, 1913
Galería
[editar | editar a fonte]-
Estación de ferrocarril de Daugavpils a primeiros do século XX.
-
Sinagoga Peltav de Riga (1903-1905)
-
Igrexa evanxélica luterana Martiño Lutero e igrexa católica romana da Inmaculada Concepción da Virxe María en Daugavpils (1912)
-
Palacio Pelči
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Kristina Jõekalda "Baltic Identity via German Heritage? Seeking Baltic German Art in the Nineteenth Century". Kunstiteaduslikke Uurimusi 23(3-4):79-110· January 2014
- ↑ Elita Grosmane "Kur meklejami makslas vestures pirmsakumi Latvija". Materiali Latvijas makslas vesturei 2001 2:7-15.
- ↑ Mārtiņš Mintaurs "Heritage for the Public? The Gesellschaft fur Geschichte und Altertumskunde in Riga and the Protection of Architectural Monuments in the Baltic Provinces, 1834-1914". Kunstiteaduslikke Uurimusi 23(3-4):111-133· January 2014
- ↑ Elita Grosmane "Vilhelms Neimanis" Arquivado 24 de decembro de 2015 en Wayback Machine.. Latvijas mākslas vēsture