Wikipedia:Wikiproxecto Matemáticas/Referencia lingüística

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Estas son algunhas fontes ás que acudir para atopar a forma galega de tecnicismos relacionados coas matemáticas que son tan específicos que non figuran en dicionarios convencionais como o DRAG.

Ningunha delas é infalible: algunhas atópanse desactualizadas e outras conteñen pequenos erros pola falta de familiaridade coa materia ou hipergaleguismos. Polo tanto, o ideal é consultar máis dunha e confrontar e, sobre todo, usar o sentido común.