Wikipedia:Votacións á administración/Revogacións/Solicitudes/Usuario:Lmbuga
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Propoño eu mesmo a miña propia revogación.
O que era a comunidade de usuarios da Galipedia cando eu por unanimidade entre os administradores fun nomeado administrador, xa non é. Agora, a Galipedia é outra cousa, é diferente. Dende a miña perspectiva, avanzouse enormemente e retrocedeuse enormemente, mudou a realidade ata tal punto que descoñezo se son ou non unha especie de -perdóeseme a licenza figurativa- diplodocus.
Pasamos dunha etapa en que primaba a cordialidade e na cal o que nos importaba substancialmente era a produtividade (facer a Galipedia grande) a outra máis democrática, iso si, en que se están a primar as políticas e a batalla. Así e todo, as políticas que agora se queren crear, inda que quizais non coincidan coas de outrora, xa existían na mente colectiva dos que noutrora colaborabamos. Eu son un perfecto coñecedor das políticas coas que noutrora nos moviamos usuarios e administradores, políticas moitas veces non escritas, frecuentemente baseadas en contidos éticos, non como algunhas que agora se pretenden aprobar (considero preferible a súa ausencia).
Por poñer un exemplo que hoxe me expresou un usuario co que persoalmente contactei, e que espero que sirva só como exemplo e non para refugar todo o que estou expresando, unha desas políticas é que a Galipedia respecta a normativa oficial do galego. Temo que non estea escrito iso en ningún sitio (non podo aseguralo). Se un usuario insistise en transformar o galego dun artigo nun galego lusista, eu bloquearíao, e posiblemente non tería política concreta á cal referirme. Só me podería referir ó que a Galipedia é, pero non a política ningunha. O malo, hoxe en día, é que se sigo sendo administrador e ocorre mañá que se muda a lingua dun artigo por unha lingua reintegrada, bloquearía o usuario. Faríao porque é o que me dicta a miña conciencia, por que é o que vivín durante anos cos meus compañeiros. E o peor de todo é que non sei agora se os presentes nesta comunidade realmente son -coma noutrora- os meus compañeiros.
Os administradores, xa non temos creto. Non é coma noutrora. Preténdese que sexamos uns simples executores das normas que se expresan nas políticas, coma se houbese políticas -ou puidese habelas- para todo caso concreto, coma se as políticas non precisasen de lecturas e relecturas, o cal non implica que a miña lectura das políticas sexa exclusivamente persoal e non apoiada polo máis ou por moitoos usuarios. Eu non sirvo para iso, para ser un executor de normas, polo que debo ser revogado. Eu sempre terei un criterio ético por encima das políticas que existan (o cal semella ser un grave problema hoxe en día). Non se trata de que se considere que eu me poida sentir mellor ca ninguén -que non me sinto-, trátase de confianza e de ética.
Non se trata de que non me sinta respectado polos usuarios, pois precisamente o feito de que ninguén solicitase a miña revogación me fixo ver que, tras comentarios realizados, era moi respectado. Trátase de que eu son unha mente libre e independente, son eu primeiramente antes de ser administrador da Galipedia. Son eu e a miña experiencia na Galipedia antes de ser administrador na mesma. Se a Galipedia cambia tan brutalmente como semella estar a cambiar, perdendo incluso a eticidade nos comportamentos, non pinto nada como administrador pois sempre serei unha fonte de conflito (todos sabemos ou poderiamos saber do que estou a falar, inda que moitos non o compartan): Sempre podería nomear o punto de vista neutral ou a vangloria (políticas básicas no wiki, a segunda por vergonza allea non a nomeei) sen respectar calquera outra política que se poida crear.
As propostas que eu estiven intentando defender, desde que bloqueei a Xosé, están presentes na miña última colaboración nesta páxina.
Sobre o bloqueo a Xosé, posto que algúns usuarios me pediron que me desculpase, dicir:
- Non podo desculparme por entender que os datos que Xosé expuxo non eran suficientes e que non había a debida transparencia. Non podo desculparme por que, cando se solicitan, non se expoñen. Fóronse sabendo pouco e pouco, cando algúns xa se deberan expresar previamente (se a Galipedia non é o que penso, quizais este feito -non indicar datos que se solicitan- non sexa nin relevante, que o xulguen outros, eu xulgueino desde a Galipedia que eu vivín ata ese momento).
- Non podo desculparme por entender que o estipulable dende a praxe que se estaba a facer na Galipedia, ata que se deu precisamente esa proposta de actividade, era traballar colaborativamente e solicitar os parabéns e a colaboración dos demais ou algúns usuarios ‘’‘absolutamente para todo’‘’ (especialmente se logo vai repercutir ese labor nos usuarios, e especialmente se a comunicación primeira se deu na Galipedia: http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Conversa_Usuario:Xos%C3%A9&diff=722032&oldid=716464 ). Neste sentido pareceume moi grave, inda me parece hoxe importante, que non preguntase Xosé se había inconveniente en que deses as charlas (se a Galipedia é algo diferente do que penso que é, quizais non sexa tan importante; pero para min sempre o será).
- Non podo desculparme por entender que en tódalas circunstancias os usuarios deben traballar colaborativamente e abrir -ou propor abrir- a outros usuarios, por interese propio e xeral, as dinámicas en que un se encontre (creación de manuais, charlas, etc.) (especialmente se logo vai repercutir ese labor nos usuarios, e especialmente se a comunicación primeira se deu na Galipedia).
- Non podo desculparme por entender que, ademais de aportar tódolos datos posibles, o papel dun administrador neses labores é preocuparse polas dificultades que a actividade pode crear e, polo tanto, ser o primeiro en iniciar a súa exposición cando está implicado nelas (creo que isto si é relevante en calquera caso e teño a Xosé por capaz para facelo).
- Non podo desculparme por entender no seu momento que Xosé representaba a empresa na Galipedia: os datos que observei (apartados 1, 2, 3, e 4 do presente texto), a tensa reunión que vivimos coa empresa, permitíanme substentar iso. Interpreto como normal que entendese tal cousa, pois rompía radicalmente coa miña experiencia no proxecto e como un atentado no ámbito da colaboración.
- Non podo desculparme por bloquearte se atendo a que considerei a Xosé un representante da empresa (por mor do dito nos apartados anteriores), se atendo a que lle roguei encarecidamente que non editase, se atendo a que non fixo caso dese rogo, se atendo que tras o rogo non se dirixiu a min na miña páxina persoal para pedirme explicacións, se atendo a que por encima do meu persoal interese -que sería non facer nada e pasar de todo- pensei na Galipedia, se atendo a que consideraba (hoxe en día non sei o que é a Galipedia, inda que cría que era nese momento e o que foi noutros), pero aínda considero, que un administrador que actúe segundo o expresado nos apartados anteriores pode atentar contra o punto de vista neutral (e mesmo ser acusado de vangloria).
Xa sei que Xosé percibe unha Galipedia diferente, de aí que non lle coubese na cabeza o que estaba a acontecer nin o que aconteceu, nin as miñas palabras nin as de Prevert.
- Si podería desculparme por ter bloqueado a Xosé se a Galipedia non vai ser no futuro o que eu pensaba, como parece que podería ser, pero nese caso -temo, non podo aseguralo- eu sobro, estou feito doutra madeira. Sobro porque a miña ética segue outra liña e non me parece adecuado ser responsable de aplicar unhas políticas coas que eticamente non estou de acordo.
- Si podo desculparme por facer sufrir con duras apreciacións, pois non especifiquei debidamente que non eran referidas á persoa, senón reflexións sobre un inadecuado proceder dun usuario (especialmente cando empreguei a palabra “nobreza”).
- Dado que persoalmente se me expresou que non foi así, podo desculparme de que a reunión coa empresa me parecese unha encerrona en que se pretendía falar do que eu expresara na Galipedia (cousa á que me neguei) e podo desculparme de que a presenza alí de Alma e Estevoaei me parecese que obedecía sobre todo a iso. (Iso si, vaia por diante que desde que mos encontrei sentinme sinalado e tratado como Lmbuga e como fonte de conflito. Ó entrar na reunión sentín iso tan intensamente que me vin na obriga de aclaralo para que todo o mundo tivese claro que ía de fronte e intentar estar cómodo. Ninguén dixo que eu non fose a fonte de conflito, nese momento inicial da reunión era algo que eu quería ter claro).
- Podo desculparme por dar a entender que non procede que un administrador cobre dunha empresa. Pero non podo desculparme por entender que o feito de que un administrador non diga que vai cobrar e se comporte como se comportou me pareza moi moi importante (inda que parece que para outros non o é).
- Podo desculparme por dicir un taco, pero é que mo fixeron pasar mal, antes, durante e despois da reunión; creo que eles -ou algúns deles- daranse conta diso. Resúltame difícil sentir que a súa presenza puidese ser unicamente motivada pola reunión coa empresa desde o momento en que eles eran os únicos que sabían que Xosé ía asistir (Na taberna dixera que non ía asistir, pero eles sabían que iría, e eu decateime).
Por todo isto, e por sobre todo considerar que os contidos éticos deixaron de ser un marco fundamental na estruturación da Galipedia e que a partir diso eu serei probablemente unha fonte de conflito, solicito a miña propia revogación.
Solicítoa tamén porque non son respaldado e malamente escoitado por algúns usuarios.
Quero aclarar que son consciente de que non podo votar na mesma. Quero indicar que, sexa cal sexa o resultado e as votacións particulares dos usuarios, eu estarei sempre disposto á colaboración: Respecto as opinións que sexan semellantes ou diferentes parcial ou totalmente. Quere isto dicir que eu non vou abandonar a Galipedia inda que sexa revogado: Procurarei seguir co meu labor.
Sinto que votar a favor ou en contra da miña revogación poida converterse nunha crítica ou nun apoio á actuación doutro administrador. Síntoo, pero non dei desligado unha cousa doutra.--Lmbuga Commons - Galipedia 03:51, 12 abril 2008 (UTC)
Lmbuga, se me permites opinar direi que a túa solicitude non a vexo clara. Se quixeras deixar o cargo non é necesaria votación, simplemente o abandonas e listo. Por tanto, o que parecería que pretendes non é tanto dimitir como que a comunidade te refrende. O problema é que os argumentos que expós están principalmente basados sobre todo nas descalificacións sobre un terceiro, neste caso Xosé. Por tanto tampouco parece que queiras que te refrende a comunidade senón máis ben que refrende as túas descalificacións (e bloqueo) sobre Xosé. Por tanto ten trampa: se se vota en contra da tua revogación estase votando en contra de Xosé. Ten trampa ademais porque sabes que normalmente non imos votar a favor da revogación, porque a maioría da comunidade non actúa desa forma. En resumo, a túa petición paréceme un subterfuxio, ou como lle queiras chamar. Como xa indicaba miguel.lima noutra páxina, se o que se pretende é descalificar a Xosé, revogalo, pois pídase a súa revogación, directamente, pero non vía estes subterfuxios. Actuando abertamente, seriamente, pedindo a súa revogación, a túa opinión sería respetada (concordando ou non, pero respetada).
Nota: houbera preferido poñer isto na túa paxina de conversa e non aquí, pero póñoo aquí porque cando che fixen unha suxerencia na túa páxina fun insultado por ti de "merdallas" e recriminado porque che escribira na túa páxina. Non che contestei porque preferín evitar polémicas e porque penso que o primeiro que debes facer é descansar, calmarte e despois xa falaremos. Debes sobre todo calmarte, deixar pasar un tempo; a actuación que estás a ter, ao meu xuízo, con certos usuarios entre os que me inclúo, é un tanto desequilibrada. Estase facendo moito dano á comunidade con estas descalificacións e bloqueos. Eu personalmente síntome desanimado e sigo meditando se me vale a pena editar nestas condicións. --User:Quatrinauta 07:30, 12 abril 2008 (UTC)
- Discordo Xa que Lmbuga o propón como votación, voto en contra. Definitiva e absolutamente en contra da súa revogación. Convencido da necesidade que temos na Galipedia de administradores da talla de Lmbuga, discordo radicalmente desta proposta, que sería moi prexudicial para a Galipedia. Síntoma capaz de separar este voto doutros temas paralelos e posiblemente concomitantes (vamos, do tema de Xosé): son dúas cousas ben distintas aínda que poidan non estar moi distantes. Estou convencido do respaldo e respecto da comunidade ás actuacións de Lmbuga como administrador e, por todo iso, creo que debe seguir aí e así. Se o tema se leva a termos persoais (o disgusto de parece sentir Lmbiga "nesta" Galipedia actual, que non sinte como a Galipedia na que el entrou e traballou), xa non hai votación que valga; pero iso non cabe nesta proposta de votación. En resumo, un DISCORDO como unha casa. Pedro --Lameiro (conversa) 10:19, 12 abril 2008 (UTC)
- DiscordoLmbuga si te parece necesario asegurarte que tes a confianza da comunidade pois eu voto para que quedes administrador. Teño unha confianza completa na tua honra para utilizar as ferramentas de administrador. Cando ocurre que te pasas no xeito de falar si tiñamos regras de convivencia, outro administrador teria que bloquearte, co mismo xeito ca calquer outro usuario que se pasa. Isto non ten nada que ver con feitos concretos e nas regras actuales para que se te descalifique como administrador. Por demais engado ca tua revogacion e un daño pa Galipedia. Estase facendo un moi boo traballo Galicia, Reino de Galicia, o teu traballo sobre imaxes, e moitas mais cousas no contido da enciclopedia. Eu non vexo quen impide que todos ises traballos vain pa diante ElviraConversa con mi 10:29, 12 abril 2008 (UTC)
- Discordo Totalmente en contra da túa revogación. Considérote unha das persoas que máis traballou pola e na Galipedia, que máis traballo suxo fixo (incluído o marrón de ser o primeiro administrador galego en Commons para ter algo de forza alí) e que ten unha idea máis definida do que é a Galipedia, e sobre todo do que non é. No meu humilde entender, ti debes permanecer como administrador e burócrata (de feito se ti deixas de selo non habería ninguén para facer esas funcións). Supoño que se abriches a votación e non deixaches a administración directamente é porque a nosa opinión vai ser tida en conta para o teu futuro proceder, así que non me queda máis que darche o meu ánimo e apoio, agardando que continúes coma sempre nunha galipedia que debe camiñar cara esa enciclopedia colaborativa na que entraches, vieiro que creo que estamos cando menos tentando emprender. AlberteSi, digame? 13:52, 12 abril 2008 (UTC)
- Discordo Cando un colabora coa Wikipedia comprometese a cumprir os principios do proxecto, iso está por riba dos intereses persoais, das intuicións propias sobre o que debe ser a Wikipedia ou o que un pensa sobre como deben ser as relacións nunha comunidade virtual. A tarefa do administrador é garantir a integridade do proxecto seguindo os principios da Wikipedia e iso Lmbuga teno feito excelentemente. Non só iso, tamén ten dado a cara en circunstancias nas que polo xeral ninguén quere dicir nada. Que o seu labor poida ser impopular, xerar ataques na súa contra, mesmo resultar incomprendido por algúns usuarios non significa que estivera mal feito e moito menos que deba renunciar ou ser revogado. Para un colaborador que segue ao pé da letra os principios da Wikipedia é moi descorazonador verse sometido a ataques, que o seu traballo sexa cuestionado cando sabe que actuou de acordo cos principios amplamente estabelecidos no proxecto. Aínda así espero que Lmbuga permaneza durante moito tempo como administrador deste proxecto e como garante de que o contrato Wikipedia se cumpre. Con respecto ao caso Xosé a súa actuación foi impecable e como usuario do wiki agradezolle a Lmbuga o seu traballo aprol do proxecto e pídolle por favor que continue traballando para que a Wikipedia en galego siga respectando os principios da Wikipedia. Un cordial saúdo. --Prevertgl 10:58, 15 abril 2008 (UTC) (Por certo: o historial desta páxina é moi ilustrativo, unha adiviña para os que teñan tempo e queiran verificalo: de que cidade do centro de España proceden e cales son os IP que usan dous usuarios de nomes diferentes que presentan moitas coincidencias sorprendentes?)--Prevertgl 10:58, 15 abril 2008 (UTC)
- Discordo totalmente con esta proposta de autorrevogación. Confío plenamente en Lmbuga e en que actuou e actúa correctamente e como debe agardarse dun administrador. Creo que non podo engadir ou aportar moitas razóns, alén das xa dadas, para xustificar o meu voto, e non o vou facer por dous motivos: 1) xa dixen que estaba (para min) todo dito e non hai máis que dicir; e 2) creo que é máis produtivo para a Galipedia utilizar o tempo que estou aquí para seguir colaborando nos seus artigos que escribir liñas e liñas en longas conversas que poden non levar a ningures (Ollo!!, e con isto xa remato, ás veces si que é importante ter as devanditas conversas). --Toliño Fala aquí comigo 13:19, 16 abril 2008 (UTC)
- Discordo. Tarde e mal coñezo que se está a votar esta revogación. Discordo completamente da revogación de Lmbuga, que é un administrador no que confío plenamente. --Xabier Cid 20:26, 25 abril 2008 (UTC)
- Discordo Coido que alguén que quere ben á Galipedia / Wikipedia non debe autoeliminarse. Lembro, no seu momento, ter posto a disposición os meus privilexios administrativos. Coido que non me tería arrepentido se naquel momento tiveran desaparecido (eran outros momentos e as cousas facíanse de xeito algo diferente). Pero tampouco estou descontento con seguilos tendo, e aportar algún que outro grauiño á comunidade. Se hai algo no que xa estou abondo desfasado (todos sabedes cal é o meu nivel actual de actividade) ou non teño unha opinión clara, sinxelamente non participo. Naturalmente, se algunha vez se puxo a disposición un privilexio, en circunstancias semellantes, debe seguir a disposición: o alonxarse máis da unha visión máis obxectiva, pero ás veces tamén pode inducir actitudes en absoluto boas para a comunidade. En fin, falei sobre min e non sobre Lmbuga, pero coido que é aproveitable.--Agremon(contacto) 10:21, 31 maio 2008 (UTC)
- Neutro Considero o traballo de Lmbuga moi valioso, como usuario e tamén como administrador. Os erros que puidese cometer, entendo que foron sempre buscando o mellor para o wiki, e entendo que non son suficientes para revogalo como administrador. Na miña opinión perdelo como administrador sería unha mala nova para o wiki.
Porén, aínda que eu nunca apoiaría unha votación que intentase revogalo, sinto que nesta páxina non podo poñer un discordo. Sinto que non podo poñelo, porque a forma na que está plantexada a votación, ademáis de pretender valorar a súa valía como administrador, parece querer valorar outras cousas. Fálase sobre como é o wiki, como era, como pensa Lmbuga que debería de ser, sobre puntos concretos da súa actuación no caso Xosé, etc. Hai cousas coas que concordo, e outras coas que non. Non quería darlle outra volta a este debate aquí, por iso non comentarei nada concreto. E por iso non poño o concordo, por si puidese entenderse que coincido con todo o que se expón.
En definitiva, Lmbuga, eu confío en ti, como administrador, pero non poño o discordo porque se misturan varias cousas neste texto que estamos "votando". Unha aperta, e alégrome de que volveses a editar co teu usuario. Miguel.lima 21:34, 14 abril 2008 (UTC)
Tamén dicir que valoro positivamente que pidas desculpas, aínda que sexa indirectamente, con respecto a varios temas. Son unhas desculpas un pouco tímidas, e tentando xustificarte nalgún caso, pero todos sabemos o dificil que é recoñecer erros propios despois de liortas deste tipo. De feito, si non me falla a memoria, debes de ser o único, ou dos poucos, que estando de cheo no marrón aquel da taberna, ten pedido desculpas despois de rematado. Grazas, é un bó paso de cara a normalizar as relacións entre usuarios. Miguel.lima 07:17, 15 abril 2008 (UTC)
Comentario--Esta proposta é absolutamente allea o que establece a política de revogación de administradores e que coido que debería ser observada. A política está feita para que despois de que tres usuarios polos motivos taxados expostos en Wikipedia:Elección de administradores#Revogación dos permisos de administrador concorden en que a un administrador lle debe ser revogado o seu status, se abra unha votación. Se o administrador precisa algo semellante ao que no mundo político se coñece como "cuestión de confianza", que propoña a modificación da política, pero esta proposta incumpre a política establecida. Pretender dividir á Galipedia en dous bandos (ou comigo ou contra min) apelando á ética, cando non se está a dicir á comunidade que en nome dela se solicitou a paralización da actividade que se ía celebrar ante a Xunta, ou se descalificou públicamente a compañeiros ante a Xunta cando menos a min dáme moito que pensar. Coidaba que a situación podería terse arranxado, primeiro pola importancia e validez que creo que para todos teñen os dous administradores implicados para o futuro da Galipedia (ninguén solicitou a revogación de ningún) a pesar de que cadaquén poida ter a súa propia opinión sobre este asunto. Esta solicitude non ten sentido ningún, non está amparada por ningunha política. Ninguén pode obrigar a nadie a ser administrador, se Lmbuga quere deixar de selo, será unha mágoa para todos, pero é a súa decisión, non da comunidade nin pode trasladar á comunidade o peso de tal decisión, se a comunidade quixera retirarlle os permisos, pode solicitar a súa revogación cando o considere e amparándose nalgún dos motivos taxados e o mesmo digo para Xosé, pero polo ben de todos, xa está ben de xogar a este xogo de comigo ou contra min que non leva a ningures máis a de que cada día sexamos máis os que nos plantexemos se vale ou non a pena editar nestas condicións. Alma (fálame eiquí) 14:59, 12 abril 2008 (UTC)
- Este comentario de Alma non ten valor niste voto e pode pór un rollo nuhna cusa sencilla : si Lmbuga pide a confianza da comunidada que o faga nesta páxina ou na da taberna non ten importancia. A sua pedida non ten que ver coas normas e politicas para elixir ou revogar administradores.ElviraConversa con mi 15:13, 12 abril 2008 (UTC)
- Ademais do que di Elvire, a proposta é absolutamente válida. Según a política créase unha páxina como esta e se tres usuarios (como mínimo) expresan o seu acordo na solicitude correspondente debe pasarse á votación. Para iso hai que crear unha páxina da forma: Wikipedia:Votacións á administración/Revogacións/Usuario:Exemplo, cambiando "Exemplo" polo nome do usuario e seguindo o formato establecido.
- De momento non hai ningún voto a favor, polo que non se abre a votación. Pregúntome en que incumpre a política. Por certo, considero pouco ético falar en nome da comunidade (cada día somos máis... iso lémbrame ó Xabarín Club, hehe). Un saúdo. AlberteSi, digame? 16:34, 12 abril 2008 (UTC)
Comentario-- Primeiro responder a Quatrinauta. 2 cousas. Dis cando che fixen unha suxerencia na túa páxina fun insultado por ti de "merdallas". Procedo a esperar uns días e dar opción a que te expliques antes de pensar en solicitar que sexas bloqeado por inxurias.
Polo demais que dis, xa dixen eu que non podía desligar o texto escrito das miñas actuacións. Observei o problema antes de facer a proposta. Así e todo, é ben doado votar como a un lle veña en gana e ademais posicionarse en contra do que fixen nesa votación concreta. Non entendo o problema--Lmbuga Commons - Galipedia 19:54, 13 abril 2008 (UTC)
- Acabo de intentar comunicarlle a Quatrinauta o anterior, e resulta que non podo facelo. Nin podo solicitar que o bloqueen. Pois inda que unha IP asinou como Quatrinauta, quen escribiu nesta páxina foi unha IP. Comunicareillo á IP e solicitarei o seu bloqueo se o considero necesario. O Galipedia semella estar chea de trampas en que un pode caer, cada día é máis complicado colaborar aquí
- Borraría a contribución realizada pola IP, pero non quero actuar como administrador agora--Lmbuga Commons - Galipedia 20:00, 13 abril 2008 (UTC)
- Comentario Manteño sen mudar un ápice o m eu discordo á proposta de revogación de Lmbuga, pero quero comentar unha frase desta última intervención de Prevert. Dicir que "Para un colaborador que segue ao pé da letra os principios da Wikipedia é moi descorazonador verse sometido a ataques, que o seu traballo sexa cuestionado cando sabe que actuou de acordo cos principios amplamente estabelecidos no proxecto" semella buscar unanimidades, ausencia total de ataques e cuestións. E niso non podo estar de acordo: tódalas nosas actuacións, decisións ou posicionamentos poden ser compartidas ou non, e non pasa nada se alguén cuestiona a Lmbuga ou a calquera de nós. Eu creo que todo nesta vida é opinable (excepto a oposición á pena de morte e a non existencia de Dios, no meu caso particular) e resulta sanísimo que haxa opinións distintas e discrepancias nas interpretacións. Por outra banda, tampouco podemos esquecer que as discrepancias, ataques e cuestións con Lmbuga son evidentemente minoritarias, fronte a unha ampla maioría que confiamos nel. Pero que non se pode -non se debe- pedir unanimidades. Non son necesarias e ata non sei se sería cousa boa. ¿Explícome? Pedro --Lameiro (conversa) 15:12, 15 abril 2008 (UTC)
- Comentario sobre o comentario. Non era ese o sentido da miña frase pero se queres interpretalo así é cousa túa. A estas alturas paréceme excesivo ter que matizar cada unha das miñas palabras. Sei que cada un ha interpretar o que lle pete, pois adiante por min non é preciso preocuparse pola exactitude das interpretacións. Un cordial saúdo. --Prevertgl 15:22, 15 abril 2008 (UTC)
Comentario Segundo comentario, sobre o comentario de Alma. Tes razón, a proposta é absolutamente allea o que establece literalmente a política de revogación de administradores, pero non é allea o espírito desa política. O feito de que tivesen que ser tres usuarios os que acordasen previamente a revogación dun administrador considerouse para defender os administradores de ataques sucesivos e inmotivados. Esa consideración aquí non procede, pois a min non hai que protexerme dado que son eu quen me ataco.
Este aspecto -o que acabo de citar- é un, inda que non dos máis importantes, dos que provocaron que eu propuxese a miña propia revogación: As políticas hai que interpretalas e eu vounas seguir interpretando. Se alguén considera que non debo interpretalas, debe votar a favor da miña revogación (inda que estea de acordo co que fixen co último bloqueo que realicei). Outra cousa é que pechemos as políticas con suma exactitude, sen dar posibilidade a relecturas (cousa difícil, inda que quizais -non sei- ideal).
"Cuestión de confianza"? Non son un neno o que fai falla que lle limpen o cu e lle dean unha palmada nas cachas:
- -Non pretendín poñer á Galipedia entre a espada e parede con esta proposta, xa que asegurei que ía seguir colaborando e intentando desenvolver o mesmo labor inda que deixase de ser administrador (sigo afirmando o mesmo).
- -Non se trata de que me dean unha palmada. Trátase de que un administrador, xa fai meses, propuxo que os administradores que non fomos elixidos abertamente no wiki dimitíramos e logo volveramos propornos. Eu iso non estou disposto a facelo pois, se o fixese, non aceptaría de novo ser proposto (aseguro que son sincero).
- Resulta que, cando peor me van as cousas, poño o meu cargo a disposición da comunidade e exprésase abertamente que preciso que se me dea -a imaxe coa que expreso o que sinto é da miña propia autoría- unha palmada nas cachas. Desde logo, non son eu quen precisa esa palmada.
- -Non teño dereito a votar (inda que creo que neste caso se debera facer unha salvidade e aceptar o meu voto, pois creo que o meu voto neste caso non atenta contra espírito das políticas que me impiden votar). Se eu votase (e estou a punto de facelo), votaría a favor de que deixase de ser administrador, indicando iso si que non entendo que actuase en contra do que é e debe ser o wiki no último bloqueo que realicei). Debo deixar de ser administrador porque son e serei un administrador que pensa, que ten autonomía, que non ten medo de deixar de ser administrador, que aprendeu que non lle vai a vida nisto. Esta circunstancia é un problema. Menos mal que eu non me dedico a controlar todo o que ocorre na Galipedia, pois se o fixese, se decidise facelo, poderían arder castelos máis grandes dos que arderon. Por exemplo, a IP 87.217.144.141, se por min fose, sería bloqueada (por mor da súa actuación nesta páxina) de por vida, ata que se identificase o usuario que a utilizou (nese momento sería desbloqueada). Posto que estou inmerso nesta páxina, decidín non actuar. ¿En que políticas me basearía? Baséome no que favorece o benestar na Galipedia e no que é un atentado contra o seu espirito: Que un usuario agoche as súas responsabilidades editando cunha IP nunha páxina coma esta e expresando graves inxurias só me suxire que ese usuario non merece nin a máis mínima consideración. Se sigo sendo administrador, que non o volva ver facer, ou actuarei, e actuarei sen saber en que política basearme, pois esa política non está escrita, pero a máis mínima ética...
Hoxe moitos usuarios piden políticas políticas e políticas e non paran de referirse as políticas ou a ausencia de políticas para xulgar o labor dos administradores. Ó meu parecer están moi confundidos. A Galipedia, estruturalmente, inda está no seu inicio. A Galipedia precisa de administradores valentes que actúen con criterios éticos por mor da ausencia de políticas exactas e incuestionables. Creo que non todo o mundo está de acordo con esta miña impresión do que hoxe en día é a administración, por iso e porque non fun votado nunha páxina coma esta, solicitei eu mesmo a miña revogación.--Lmbuga Commons - Galipedia 19:38, 15 abril 2008 (UTC)
- Por certo, acabo de decidir actuar no caso da Ip que expresei antes. Véxase isto. En caso de non recibir resposta, pensarei en bloquear o usuario. Se non estades de acordo, parádeme, quitádeme as atribucións (agora ben, antes de pararme, estudade ben o caso, ou preguntádeme que é o que ocorre). Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 19:55, 15 abril 2008 (UTC)
- Lmbuga, xa que traiches a proposta da tua revogacion como administrador diante da comunidade, poís en canto isto non esta pechado estaria ben que non traballes coas ferramentas de administrador, sóo co que podes facer sin esas ferramentas. Logo eu persoalmente non vexo ningún problema para que fagas o que che parece oportuno como administrador, xa que votei para que quedes administrador. Non podo ser mais clara. ElviraConversa con mi 10:53, 16 abril 2008 (UTC)
- Estou de acordo contigo Elvire. Así e todo, o que fixen coa IP foi intentar averiguar o que ocorre, non actuei como administrador. Probabemente nin sequera actúe. O máis probable é que faga unha solicitude de bloqueo.
- Si actuei estes días coas atribucións da administración borrando imaxes (onte borrei unha que me pediu un usuario que borrase, e con razón), non creo que iso poida ser conflitivo. Se o vedes conflitivo, deixo de facelo--Lmbuga Commons - Galipedia 14:04, 16 abril 2008 (UTC)
- Eu non vexo de donde poder vir un conflito ? Alegrame moito de ver que andas editando. A ver si se pecha pronto esta páxina ! ElviraConversa con mi 16:18, 16 abril 2008 (UTC)
- Lmbuga, xa que traiches a proposta da tua revogacion como administrador diante da comunidade, poís en canto isto non esta pechado estaria ben que non traballes coas ferramentas de administrador, sóo co que podes facer sin esas ferramentas. Logo eu persoalmente non vexo ningún problema para que fagas o que che parece oportuno como administrador, xa que votei para que quedes administrador. Non podo ser mais clara. ElviraConversa con mi 10:53, 16 abril 2008 (UTC)