Wikipedia:Usar o JavascriptWikiBrowser para mover categorías
O JWB é moi útil para mover categorías e ademais é moi sinxelo de facer, imos a explicalo aquí paso a paso.
Paso 1, configuración
[editar a fonte]Se non o tes aínda configurado, vai a Wikipedia:Uso_dun_bot_con_JavascriptWikiBrowser,_paso_a_paso#Paso 1, configuración
Paso 2, abrir o bot
[editar a fonte]Para comezar o bot tes que ir a JSWiki Browser. Tamén podes acceder premendo na ligazón que che aparece na caixa de "ferramentas" da esquerda da pantalla.
Paso 3, crear a lista de páxinas
[editar a fonte]O bot, para comezar a traballar, precisa unha lista de páxinas a tratar, que serán as páxinas que vai a mover.
Para crear a lista temos que ir á pestana "Config.". Nesa pestana dámoslle ó botón "Xerar" e iso abrirá a pantalla que permite crear a lista de páxinas.
Aquí o que temos que facer é marcar o apartado "Categoría" e logo na caixa meter o nome da categoría que ten os artigos a mover, por exemplo "Categoría:Wikipedia:AutoWikiBrowser". Temos que marcar tamén as opcións de "subcategorías" e "páxinas"
Logo no apartado da dereita que se chama "Espazo de nomes:" seleccionamos (principal), se son artigos da enciclopedia ou outro espazo de nomes se a categoría está noutro sitio.
O último paso é darlle ó botón "Xerar".
Paso 4, configurar o cambio
[editar a fonte]Agora temos que indicarlle ó bot o cambio que queremos que realice. Para isto temos que ir á pestana de "Edición" e engadir o que queremos que garde no resumo de edición, o texto a cambiar e o texto co que hai que substituílo.
- Na caixa de "Resumo" temos que poñer a explicación do que está a facer o bot. Por exemplo, "mover cat. X a cat. Y"
- Na caixa "Substituír" temos que poñer a categoría antiga, por exemplo "Categoría:Maceiras en Galicia".
- Na caixa "Con:" temos que poñer a categoría nova, por exemplo "Categoría:Maceiras de Galicia".
Paso 5, comezar a traballar
[editar a fonte]Neste punto o bot xa pode comezar a traballar e para iso só hai que premer en "Comezar".
O bot comezará a revisar as páxinas da lista e irá cambiando a categoría a tódolos artigos.
Se vemos que a substitución é correcta prememos o botón "Gardar", se é incorrecta podemos amañala na caixa "Área de edición" ou podemos darlle ó botón de "Saltar" para que o bot non a modifique.
Isto repetirase ata que estean tratadas tódalas páxinas da lista.
Véxase tamén
[editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Usar o JavascriptWikiBrowser para mover categorías |