Wikipedia:Sobre Galicia/outubro 2022

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Historia de Redondela é moi rica. A súa situación nun lugar con boas condicións naturais e estratéxicas fixo que estivese poboada desde moi antigo. De todas as épocas históricas hai vestixios e feitos dignos de mención. Non se coñece con exactitude a data de fundación, aínda que o primeiro documento oficial que se refire á vila como Redondela é do ano 1267. Existen vestixios desde o Paleolítico, incluídos varios poboados con mámoas e outras construcións en bo estado de conservación, ademais de obxectos de até mais de tres milenios antes de Cristo. O seu clima suave, a gran superficie de costa con augas tranquilas no fondo da ría de Vigo e a súa relativa proximidade por mar con Francia e Gran Bretaña, fixo que Redondela fose obxecto de interferencias culturais tanto co norte de Europa como por terra coa romanización. En 1702 produciuse no Estreito de Rande unha das maiores batallas navais da historia de Galicia entre a armada hispanofancesa e angloholandesa, a Batalla de Rande.