Wikipedia:Sobre Galicia/abril 2008

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Escudo Lemos.jpg

Fernando Ruiz de Castro Fernan Ruiz de Castro (morto en 1377, Baiona, Francia), III Conde de Lemos, Trastámara e Sarria con carácter non hereditario, foi un dos persoeiros galegos máis importantes e influíntes da centuria do XIV. Adaíl da causa de Pedro I na guerra civil de Castela, aparece coma insaciable canalizador das lealdades petristas. Mesmo logo da morte do monarca, continuaría coa súa cruzada ata o derradeiro alento gañando a pulso o alcume de toda a lealdade de España.