Wikipedia:Mover ás Galifontes
Aparencia
- Para unha lista actualizada das páxinas que deberán ser movidas ás Galifontes, véxase Categoría:Mover ás Galifontes.
Esta é unha páxina de mantemento que segue o esquema proposto en Meta-wiki chamado transwiki, que serve para trasladar os artigos da lista de abaixo ao espazo de nomes transwiki das Galifontes.
Como mover unha páxina ás Galifontes
[editar a fonte]- Inclúe na parte superior da páxina que vaia ser movida o seguinte texto:
- Garda a páxina e o aspecto da mensaxe de aviso será o seguinte:
Esta páxina está proposta para ser movida ás Galifontes. A razón é que o seu contido tan só é unha copia dun texto orixinal. Se pensa que a páxina pode converterse nun artigo enciclopédico, por favor, fágao e logo retire esta mensaxe. En caso contrario, pode axudar dándolle formato segundo as regras das Galifontes antes de que se produza o traslado.
|
Cousas a ter en conta
[editar a fonte]Cando traslades un artigo asegúrate de que non quedan ligazóns rotas. Comproba seguindo a ligazón Páxinas que ligan con esta, do lateral esquerdo da páxina, cales son as ligazóns que hai con outros artigos e corríxeos.