Wikipedia:Imaxe da semana/Propostas/Ficheiro:EscavaciónCurro.jpg
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo. Resultado: 5 a favor, ningún en contra. Elixida imaxe da semana.
Ficheiro:EscavaciónCurro.jpg[editar a fonte]
- Información: imaxe creada por Estevoaei e cargada por Estevoaei; proposta por Prevert. Descrición da imaxe tomada da propia imaxe: Escavación das foxas onde se soterrou ao xornalista Ramón Barreiro Rodríguez e ao electricista Castor Cordal Garrido, fusilados o 15 de setembro de 1936. Adro da igrexa parroquial de Curro (Barro). Á escavación, levada a cabo por voluntarios da Asociación pola recuperación da Memoria Histórica, asistiron familiares dos fusilados. Comentario Propoñoa polo seu valor documental e por recoller un realidade nova nas imaxes destacadas. --Prevertgl 19:25, 21 outubro 2009 (UTC)
- Concordo. --Prevertgl 19:25, 21 outubro 2009 (UTC)
- Concordo pola esplicación de Prevert e tamén porque me gustou cando a vín en tamaño grande. Elvira (conversa comigo) 11:26, 25 outubro 2009 (UTC)
- Concordo Concordo non pola imaxe en si, concordo polo que a imaxe representa, cousa que se percibe na lenda que a vai acomopañar. Voto a favor dela non polo interese intrínseco da imaxe. Eu, cando voto unha imaxe da semana, tamén voto o texto. A imaxe da semana non ten que ser unha imaxe de calidade ou excelente calidade-- Lmbuga / Conversa comigo 23:06, 26 outubro 2009 (UTC)
- Concordo.--Xas (fálame) 23:26, 26 outubro 2009 (UTC)
- Concordo Pedro --Lameiro (conversa) 11:08, 22 decembro 2009 (UTC)
- Comentario
Comentario Tras ler o meu voto deime conta de que faltaba dicir algo. A foto era dificilisima de facer. Posiblemente eu non me atrevese a facela porque non hai encadre perfecto (inda que eu non son precisamente un excelente fotógrafo, nin un fotógrafo profesional). Voto tamén a foto porque percibo valentía á hora de tirar esa foto. Estevoaei -é unha impresión- debía saber que non podía facer unha imaxe perfecta, inda así, o resultado é expléndido-- Lmbuga / Conversa comigo 00:52, 3 xaneiro 2010 (UTC)