Wikipedia:Grupo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Esta páxina, Wikipedia:Grupo, recolle o primeiro artigo publicado na Galipedia. Orixinalmente gardouse no espazo de nomes principal, reservado para os artigos, pero foi trasladado ao Galizionario por tratarse dunha mera definición de dicionario.

Historial

Primeira revisión

A primeira revisión, rexistrada por ILVI (conversa · contribucións) o 12 de marzo de 2003 ás 05:51‎, contiña o texto como segue:

'''grupo'''. m. (pl ''grupos'') 

#Conxunto de persoas ou cousas que, polo xeral, están no mesmo lugar. Un grupo de persoas agardaba a chegada do autobús. SIN. fato.Un grupo de casas. SIN. feixe. 
#Conxunto de persoas organizado e unido na defensa duns intereses comúns, na realización dunha actividade, etc. Un grupo político. SIN. partido. Un grupo musical. CF. banda, orquestra.Un grupo armado. SIN. banda. 
#Conxunto de cousas ou persoas que posúen uns trazos comúns. Un grupo de linguas. Un grupo social. 
#Mat. Conxunto de elementos que se relacionan entre si segundo unhas determinadas características ou leis. Propiedades do grupo. O grupo dos números enteiros. 
#Quím. Cada unha das columnas do sistema periódico que conteñen elementos de propiedades semellantes. O grupo dos gases raros. s Grupo sanguíneo. Cada un dos tipos en que se clasifica o sangue.

Última revisión

A última revisión que estivo presente na Galipedia, xa contaba cos marcadores {{Wikt}} e {{Lixo}}. Finalmente foi borrado por Albert galiza (conversa · contribucións) o 2 de outubro de 2008 ás 23:33.

{{lixoporque|[[Image:Wiktionary-logo-gl.png|left|70px| ]] 
''O contido desta páxina xunto co historial completo foi 
trasladado ao Galizionario mediante o sistema de importación 
entre os wikis en lingua galega do proxecto Wikimedia. A 
entrada está en [[wikt:grupo]] e agora pode borrarse na 
Galipedia.'' --[[User:Prevert|Prevert]]<sup>[[User talk:Prevert|gl]]</sup> 16:13, 30 setembro 2008 (UTC) }}




{{Wikt}}

'''grupo'''. m. (pl ''grupos'') 

=Acepción xenérica=
[[Conxunto]] de [[persoa]]s organizado e unido na defensa duns intereses comúns, na realización dunha [[actividade]], etc. Por extensión, aplícase ó [[Conxunto]] de cousas ou [[persoa]]s que posúen uns trazos comúns. "Un grupo de linguas". "Un grupo social". "Un grupo armado". SIN. banda. 
=Socioloxía=
[[Conxunto]] de [[persoa]]s ou cousas que, polo xeral, están no mesmo lugar: "Un grupo de [[persoa]]s agardaba a chegada do autobús". SIN. fato. "Un grupo de casas". SIN. feixe. 
=Política=
'''Grupo parlamentario''' é unha categoría e o conxunto de representantes políticos que acceden a esa categoría dentro dunha cámara debido a chegar a un número mínimo determinado. En España, un grupo parlamentario establécese cando ten polo menos 3 deputados.<br>
No entanto, '''grupo político''' é unha agrupación de persoas que se unen oficialmente para presentar candidatos nunha eleccións, sen máis condición que ser cidadáns españois e cumprir os requirimentos establecidos na Lei Electoral. SIN. partido. 
=Música=
Por extensión, conxunto de intrumentistas que tocan e actúan xuntos: "grupo musical" pode aplicarse a calquera tipo de música (clásica, jazz, moderna). CF. banda, orquestra. 
=Matemáticas=
[[Conxunto]] de [[Elemento químico|elementos]] que se relacionan entre si segundo unhas determinadas [[característica]]s ou [[lei]]s. Propiedades do grupo. O grupo dos [[números enteiros]]. 
=Química=
Cada unha das [[columna]]s do [[sistema periódico]] que conteñen [[Elemento químico|elementos]] de [[propiedade]]s semellantes. ''O grupo dos gases raros. 

''' ''Ver tamén'' '''
:[[Grupo sanguíneo]]