Wikipedia:Embaixada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

O proxecto da Wikipedia (na que está encadrada a Galipedia) é unha empresa multilingüe, con versións en ben máis de cen linguas (ver portada) en diferentes estados de desenvolvemento, dende as que teñen só unhas deceas de termos ata a primeira tanto por tempo como por actividade, a inglesa, que está na actualidade no medio millón de entradas.

A Embaixada da Wikipedia foi situada nas páxinas da meta-enciclopedia, praza central para recursos e axudas interlinguas, establecemento de políticas e decisións sobre os programas usados, así como en xeral decisións que afectan a todos os usuarios ou persoas relacionadas co proxecto e tamén ás ligazóns entre linguas. Note o lector que o mero contacto con este proxecto o fai en certo xeito un embaixador que formará a súa opinion e contribuirá a formar a de outra xente.

Ver Wikipedia:Embaixada local para ter detalles sobre como se está a levar o tema na Galipedia.

Ver m:How to start a new wikipedia para información de como comezar unha wikipedia noutra lingua.

Lista de correos[editar a fonte]

A Wikipedia-L (lista de correo da Wikipedia está aberta a wikipedistas de tódolas linguas e lugares. O idioma usado de xeito primario é o inglés, pero tódalas linguas son benvidas ó proxecto -- alguén pode traducilas en caso necesario. (As mensaxes bilingües son moi benvidas)

Embaixadores[editar a fonte]

Un ou unha embaixador da Wikipedia debe botar un ollo nas páxinas citadas, así como na Wikipedia-L e Wikitech-L para estar ó tanto de novidades de interese para a comunidade que representa. Asemade, debe prestar atención ás novas na súa propia comunidade e estendelas para que resulten en beneficio de todos.

Unha lista de tódalas embaixadas e embaixadores pode atoparse en m:Wikipedia Embassy.

Novas relacionadas[editar a fonte]

As novas relacionadas son discutidas na Meta. As vellas foron xa arquivadas aquí.