Wikipedia:Comentarios dos usuarios/Novas características

Esta páxina está permanentemente protexida
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Captura de pantalla da nova interface de navegación da Wikipedia (ampliar)
Captura de pantalla da interface de edición básica (ampliar)
Captura de pantalla dos novos diálogos de xeración de ligazóns

O equipo de experiencia de usuario da Fundación Wikimedia traballou arreo con voluntarios da comunidade para facerlles as cousas máis doadas aos usuarios. Estamos encantados de compartir algunhas melloras, incluíndo entre elas unha nova aparencia e características de edición simplificadas. Estes cambios, derivados das nosas probas de usabilidade feitas durante o ano pasado, teñen o obxectivo de facilitar as cousas aos novos colaboradores. A mellora da usabilidade dos nosos proxectos é unha prioridade para a Fundación Wikimedia e traeremos máis actualizacións no futuro. Para obter máis información, visite esta entrada do blogue da Wikimedia.

Isto foi o que cambiamos

  • Navegación: melloramos a navegación para a lectura e edición de páxinas. Agora, as lapelas da parte superior de cada páxina definen máis claramente se está a ollar a páxina ou a conversa ou se está lendo ou editando a páxina.
  • Melloras na barra de ferramentas de edición: fixemos unha reorganización da barra de ferramentas de edición para facer máis doado o seu uso. Agora, dar formato ás páxinas é máis sinxelo e intuitivo.
  • Asistente para as ligazóns: trátase dunha simple ferramenta que permite engadir ligazóns cara a outras páxinas da Wikipedia, así como ligazóns a sitios web externos.
  • Melloras nas procuras: melloramos as suxestións de busca para que dea coa páxina que está a procurar máis rapidamente.
  • Outras novas características: tamén introducimos un asistente para as táboas, que fai a creación de táboas máis fácil, e unha característica para atopar e substituír elementos, que simplifica a edición da páxina.
  • O logo da Wikipedia: tamén actualizamos o noso logo. Máis información no blogue da Wikimedia.

Opinións?

Gustaríanos saber o que lle parece. Visite a nosa páxina de comentarios ou o noso wiki de usabilidade se o que quere é involucrarse na mellora do software.