Wikipedia:Botoeira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A botoeira é un conxunto de botóns que, unha vez instalados no teu usuario, che agregan funcións extra ao interface habitual de Wikipedia. Entre elas, está a procura en Wikipedia a través de Google, consulta ao dicionario da RAG, inserir Weis (WikiEmotIconos) nos teus comentarios, enlaces a páxinas web, etc.

Requirimentos[editar a fonte]

  • Debes ter como "pel" a monobook, que é a que tes por defecto (pódelo ollar nas túas preferencias de usuario).
  • É necesario que o teu navegador teña habilitada a funcionalidade de "Scripting" (ou guións). Por cuestións de seguridade, esta opción pode estar desactivada. Por exemplo, en Internet Explorer a seguridade de zona Alta (menú Ferramentas | Opcións de Internet... | Seguridade), desactiva JavaScript e por ende as botoeiras non se visualizan. Podes verificar se o teu navegador ten habilitado o scripting en páxinas como esta.

Como engadila?[editar a fonte]

Este método ten a vantaxe de que che permite personalizala ao teu gusto, especialmente se tes coñecementos técnicos. É moi sinxelo:

E xa está.

Botoeiras dispoñíbeis[editar a fonte]

Xa que as botoeiras alteran o deseño da pantalla de Wikipedia, é desexábel a colaboración de todos para probar os deseños en varios navegadores... de maneira que os usuarios saiban que deseños son funcionais cos seus navegadores.

Modelo Características
Pybalo
01:33 30 xullo, 2004
  • Integrada na columna da esquerda.
  • Compatíbel con todos os navegadores modernos.
  • Agrega botóns de procura en:
    • Outras wikipedias: inglés, español, francés
    • El. Enciclopédia Libre
    • Wikcionario
    • DRAG. Dicionario da Real Academia Galega
    • Google (procura en toda a Web)
Sanbec
outubro, 2004
  • Botoeira aboiante na esquina inferior esquerda
  • Botóns con imaxes
  • Engade botóns para facilitar o uso de mensaxes predefinidas
    • Copyvio
    • Redirect
    • Fusionar
    • Borrar
    • Destruír
    • e algunha máis...