Wikipedia:Artigo destacado/xullo 2008
The Legend of Zelda: A Link to the Past é un videoxogo de estilo aventura desenvolvido e publicado por Nintendo para a videoconsola Super Nintendo Entertainment System, terceira entrega da serie The Legend of Zelda. Lanzouse nun primeiro momento no Xapón en 1991, e máis tarde en Norteamérica e en Europa. Shigeru Miyamoto e o seu equipo encargáronse en exclusiva do desenvolvemento deste xogo. A Link to the Past usa unha perspectiva isométrica semellante á do orixinal The Legend of Zelda, no canto do formato de desprazamento lateral que utiliza Zelda II: The Adventure of Link. Engadiu moitas mecánicas e conceptos novos á serie, que despois pasaron a ser habituais, incluíndo alxubes de varios niveis e equipamento novo (coma o Gancho e as Botas Pegaso). Recibiu unha boa acollida xa desde o seu lanzamento, e ten sido considerado a miúdo como unha das mellores entregas da serie.