Wikipedia:Artigo destacado/setembro 2010

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A miticultura ou mitilicultura é o cultivo industrial do mexillón, unha actividade marisqueira dirixida e controlada polo home sobre artefactos flotantes, denominados bateas, fondeados nas augas costeiras. Na actualidade é unha das principais actividades económicas de numerosas poboacións da costa galega, especialmente nas rías Baixas.