Wikipedia:Artigo destacado/setembro 2008

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Coturnix coturnix eggs.jpg

Os ovos son un alimento de orixe animal, procedente das aves domésticas, e particularmente da galiña. Como alimento é un ingrediente fundamental en calquera cociña, admitindo numerosas formas de preparación. Son un dos alimentos máis consumidos polo home e a súa produción constitúe un sector gandeiro específico, a avicultura, de considerable importancia económica. A efectos legais, e de acordo coa regulamentación europea vixente, só pode aplicarse a denominación de ovos ós da especie Gallus gallus, sen romper, incubar nin cocer, e aptos para o consumo humano directo ou trala súa transformación en ovoprodutos. Quere isto dicir que a denominación xenérica de ovos debe aplicarse unicamente ós procedentes da galiña.