Wikipedia:Artigo destacado/novembro 2021

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A lista de monarcas dos reinos cristiáns da Península Ibérica presenta simultaneamente para cada reino cristián peninsular a súa correspondente serie de soberanos sucesivos que alí rexeron, abranguendo o período decorrido desde a caída do reino visigodo en 711 até a actualidade.

Trala chegada musulmá no século VIII á península, mentres a España visigoda e Septimania foron tomadas polos exércitos musulmáns, en Galiza comezábase a conformación dun novo reino cristián. Posteriormente foron aparecendo novos reinos, xurdidos a partir dos núcleos cristiáns do norte peninsular. Cómpre ter en conta que estes reinos, a medida que acadaban vitorias ou conquistas, podían ir incorporando outros «reinos» musulmáns; por exemplo, o reino de Toledo ―incorporado ó de Castela―, o reino de Valencia ―incorporado ó de Aragón―, o reino do Algarve ―incorporado ó de Portugal― ou o reino de Granada.