Wikipedia:Artigo destacado/maio 2016
Mass Effect 2 é un videoxogo de rol e acción desenvolvido por BioWare e publicado por Electronic Arts. Foi lanzado para Microsoft Windows e Xbox 360 o 26 de xaneiro de 2010, e para PlayStation 3 o 18 de xaneiro de 2011. É a secuela do orixinal Mass Effect e segunda entrega da serie homónima. O xogo ten lugar na Vía Láctea durante o século XXII, onde a humanidade atópase ameazada por unha especie con forma de insecto coñecida coma Collectors.
O xogador toma o papel do Comandante Shepard, un soldado de elite humano que debe xuntar un equipo e gañarse a súa lealdade para derrotar ao inimigo nunha misión suicida. Foi un éxito comercial e tivo unha boa recepción por parte dos medios especializados, acadando unha puntuación de 96 sobre 100 no agregador web Metacritic. O videoxogo recibiu numerosos premios, incluíndo o premio ao Xogo do Ano da 14ª edición anual dos premios da Academy of Interactive Arts & Sciences, e o premio ao Mellor Xogo nos BAFTA de 2011.