West coast swing

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Parella bailando West Coast Swing.

O West Coast Swing é un baile en parella de orixe norteamericana derivada do Lindy Hop. Báilase en liña (slot, en inglés) e caracterízase pola elasticidade dos movementos e por dar moita marxe á improvisación tanto para a persoa leader como para a follower.


Difusión global[editar | editar a fonte]

O West Coast Wwing báilase en todo o mundo. É máis popular nos Estados Unidos, pero tamén en moitos países europeos.

World Swing Dance Council[1] é a organización que promove o estilo internacionalmente, regula os eventos oficiais e recoñece a puntuación das persoas competidoras.

En Galicia celébrase o evento Arousa Westie Fest[2] desde o ano 2022, sendo o primeiro evento rexistrado no WSDC da Península Ibérica.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. World Swing Dance Council https://www.worldsdc.com/
  2. Arousa Westie Fest https://arousawestiefest.com/