Waiting for Love
«Waiting for Love» é unha canción realizada polo disc jockey e produtor sueco Avicii. Conta coa colaboración, aínda que sen acreditar, do produtor neerlandés Martin Garrix, e de Simon Aldred, o cantante da banda inglesa de rock alternativo Cherry Ghost.[1] Incluída en Stories, o segundo álbum de Avicii, foi lanzada como sinxelo o 22 de maio de 2015 en formato dixital a través da discográfica Universal Music.[2] Liderou as listas de Suecia, Noruega e Austria, e situouse nos primeiros vinte postos de varias listas europeas e en Australia.
Historia
[editar | editar a fonte]A canción soou por primeira vez no Ultra Music Festival de 2015. Antes da súa publicación críase que era unha colaboración entre Avicii e Garrix coa voz de John Legend. Despois de varios vídeos e publicacións en Twitter, ambos produtores admitiron a colaboración mais desmentiron a participación de Legend.[3] Máis tarde desvelouse que a voz era de Simon Aldred, o vocalista da banda Cherry Ghost.[4]
Vídeo musical
[editar | editar a fonte]O vídeo musical está dirixido por Sebastian Ringler.[5] O protagonista, un ancián (Sten Elfström), vai buscar a súa dona (Ingrid Wallin), quen marchara da casa. Viaxa no seu scooter e pasa por moitas aventuras, até que acaba por atopala nunha aldea.[6]
O 28 de maio de 2015 publicouse un vídeo en 360° dirixido por Kurt Hugo Schneider, no que aparecen bailaríns executando unha coreografía.[7]
Certificacións
[editar | editar a fonte]País | Organismo certificador | Certificación | Vendas | Ref. |
---|---|---|---|---|
Alemaña | BVMI | Ouro | 200 000 | [8] |
Australia | ARIA | 2× Platino | 140 000 | [9] |
Austria | IFPI Austria | Ouro | 15 000 | [10] |
Bélxica | BEA | Platino | 30 000 | [11] |
Canadá | Music Canada | Platino | 80 000 | [12] |
Dinamarca | IFPI Dinamarca | Platino | 30 000 | [13] |
España | PROMUSICAE | 2x Platino | 80 000 | [14] |
Estados Unidos | RIAA | Ouro | 500 000 | [15] |
Italia | FIMI | 2× Platino | 100 000 | [16] |
Nova Zelandia | RIANZ | Ouro | 7 400 | [17] |
Polonia | ZPAV | 3× Platino | 60 000 | [18] |
Reino Unido | BPI | Ouro | 400 000 | [19] |
Suecia | IFPI Suecia | 7× Platino | 280 000 | [20] |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Avicii - Waiting For Love (File)". Discogs (en inglés).
- ↑ Dionne, Zach (22 de maio de 2015). "Listen to Avicii's Addictive New Song, "Waiting for Love"". Fuse.tv. Consultado o 23 de maio de 2015.
- ↑ Sachs, Lucas (22 de maio de 2015). "MARTIN GARRIX HELPS CO-PRODUCE AVICII’S NEW SINGLE, LEFT OFF OF TRACK TITLE". Your EDM. Consultado o 23 de maio de 2015.
- ↑ Dionne, Zach (22 de maio de 2015). "Listen to Avicii's Addictive New Song, "Waiting for Love"". fuse.tv. Consultado o 23 de maio de 2015.
- ↑ "Avicii - Waiting For Love (Sebastian Ringler, dir.)". VideoStatic (en inglés).
- ↑ "Waiting For Love" MDR Jump
- ↑ "Avicii Unveils Interactive, 360-Degree Video For New Single “Waiting For Love”". Idolator (en inglés).[Ligazón morta]
- ↑ "Gold-/Platin-Datenbank" (en alemán). Bundesverband Musikindustrie.
- ↑ "ARIA Charts – Accreditations – 2015 Singles" (en inglés). Australian Recording Industry Association.
- ↑ Para visualizar as certificacións escribir "Avicii" na barra "Interpret" e premer "Suchen": "Gold & Platin". IFPI (en alemán). Consultado o 15 de decembro de 2016.
- ↑ "Ultratop - Goud en Platina – 2016". ultratop.be. Ultratop & Hung Medien.
- ↑ "Gold/Platinum". Music Canada (en inglés). Consultado o 15 de decembro de 2016.
- ↑ "Certificeringer – Avicii – Waiting for Love". IFPI Dinamarca (en danés).
- ↑ "Avicii – Waiting for Love". PROMUSICAE. elportaldemusica.es. Arquivado dende o orixinal o 28 de decembro de 2017. Consultado o 26 de maio de 2022.
- ↑ "GOLD & PLATINUM". RIAA (en inglés). Consultado o 15 de decembro de 2016.
- ↑ "Certificazioni" (en italiano). Federación de la Industria Musical Italiana.
- ↑ "NZ Top 40 Singles Chart". Recording Industry Association of New Zealand. 24 de agosto de 2015. Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2015. Consultado o 26 de maio de 2022.
15. Avicii – Waiting for Love
- ↑ "Bestsellery". bestsellery.zpav.pl (en polaco). Consultado o 15 de decembro de 2016.
- ↑ "British single certifications". British Phonographic Industry (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2017. Consultado o 26 de maio de 2022.
- ↑ "Artikeldata > Avicii – Waiting for Love". Sverigetopplistan (en sueco). Grammofonleverantörernas förening.