Vox populi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Imaxe pertencente á gravación de VOX, un programa de radio estadounidense de antes dos anos 50.

Vox populi é unha locución latina que significa literalmente " voz do pobo". Utilizámola para referirnos a calquera rumor que está en boca de todos. Aparece tamén a miúdo citada como vox populi, vox dei que se traduce por "a voz do pobo é a voz de Deus", un vello proverbio que se emprega para engrandecer a sabiduría popular. Sen embargo os primeiros usos desta locución dinnos todo o contrario. Mostra disto é a carta de Alcuino de York a Carlomagno no 798, e máis concretamente este fragmento "Nec audiendi qui solent dicere, Vox populi, vox Dei, quum tumultuositas vulgi semper insaniae proxima sit" [1], cuxa tradución é: "E non debería escoitarse aos que acostuman dicir que a voz do pobo é a voz de Deus, pois o desenfreo do vulgo está sempre próximo á loucura".

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]