Saltar ao contido

Voo 871 de Scandinavian Airlines System

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Voo 871 de Scandinavian Airlines System
 Instancia de
Datas
 Data
19 de xaneiro de 1960 Editar o valor en Wikidata
Implicados
 Operador/a
Localización
 País
Cifras e dimensións
 Mortes
   42 Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/0bmk282 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

O voo 871 de Scandinavian Airlines System era un servizo regular entre Copenhague e O Cairo, con varias escalas polo medio.[1] O 19 de xaneiro de 1960 o Sud Aviation Caravelle que realizaba a ruta esnafrouse mentres voaba entre o aeroporto Yesilköy e o aeroporto de Ankara Esenboğa en Turquía. O voo estaba na aproximación pero caeu a seis millas do aeroporto, matando os 42 ocupantes do aparello. Foi o primeiro accidente fatal dun Caravelle.[1]

Accidente

[editar | editar a fonte]

O voo 871 engalou do aeroporto de Copenhague-Kastrup ás 09:44 UTC. O avión xa parara en Düsseldorf e Viena antes de chegar a Istanbul ás 17:20 UTC, onde embarcou unha nova tripulación para operar o resto da ruta.[1] O avión saíu do aeroporto Yesilköy de Istanbul ás 18:00 UTC cara ao aeroporto de Ankara Esenboğa. Había 35 pasaxeiros e 7 tripulantes a bordo do avión. O voo foi tranquilo ata que a tripulación comezou a aproximación ao aeroporto. Ás 18:41 UTC a tripulación informou ao control de tráfico aéreo que o avión estaba descendendo de FL135 (uns 13 500 pés) a FL120 (12 000 pés). Ás 18:45 UTC a tripulación informou que entraba nos 6 500 pés (1 981 m) aínda no descenso. Ás 18:47 UTC o avión golpeou o chan a unha altura de 3 500 pés (1067 m), entre o LFR de Ankara e o aeroporto. O accidente matou os 42 pasaxeiros e tripulantes a bordo do aparello.[2]

Non se puido determinar con certeza a causa do accidente, pero hai sospeitas de que os tripulantes non leron correctamente os seus altímetros. O avión estaba equipado con catro altímetros, tres deles con tres agullas, pero o capitán tamén tiña un altímetro moderno con dúas agullas que se le dun xeito diferente. Isto puido provocar que o capitán voase uns 1 100 pés demasiado baixo, esnafrándose así contra o terreo.

  1. 1 2 3 "Three black weeks". Flight International. Consultado o 2018-12-24.
  2. Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident Sud Aviation SE-210 Caravelle I OY-KRB Ankara-Esenboga Airport (ESB)". aviation-safety.net. Consultado o 2020-12-13.